Publicacións

Saída dos clubs de lectura e club de ciencias

Imaxe
Os clubs de lectura despedimos este curso cunha saída por Santiago de Compostela. Visitamos as exposicións "Da semente á árbore", "Outras historias posibles" e "Tesouros reais" na Cidade da Cultura e camiñamos ata o casco vello da cidade facendo un tramo da ruta do Sar. Paseamos por rúas e prazas e entramos nalgunhas librarías da zona. Rematamos a xornada na biblioteca Ánxel Casal tomando nota dalgúns títulos para posibles lecturas de verán.

Actividade do club de 1º ESO no colexio de Ventín

Imaxe
Hoxe o club de lectura de 1º da ESO, xunto coa rapazada da radio de Dinamización Lingüística, visitamos o alumnado de 5º de primaria do cole de Ventín para ler con eles e elas as historias de banda deseñada de Microalgas. Foi unha xornada divertida e tivemos tempo de saudar a profes e amigos/as do noso antigo colexio.  

Obradoiro de Xulia Pisón

Imaxe
Este luns 13 de maio os integrantes dos diferentes clubs de lectura do instituto tivemos a sorte de recibir no centro a Xulia Pisón, que nos falou da súa historia persoal e como escribiu e debuxou as tres partes de Microalgas . Púxonos a debuxar a nós tamén e creamos os nosos propios personaxes e historias dunhas poucas viñetas. Foi unha sesión moi interesante. Grazas a todas e todos por participar.

Mural a partir da lectura

Imaxe
 O Club de 3º ESO Fondo da biblio elaborou un mural no que conecta a obra lida, Ruído , de Miguel Anxo Murado, coa realidade que vivimos e con outras propostas de lectura.

Abano de lecturas

Imaxe
  Nesta pasada segunda avaliación e no comenzo desta terceira, os clubs de lectura estivemos ocupados con algunhas lecturas ben interesantes, que nos gustaría compartir con vós.   O club de lectura científica decidiuse pola banda deseñada despois de probar coa ciencia ficción. Estivemos a ler a vida das primatólogas Jane Goodall, Dian Fossey e Biruté Galdikas en “Primates”, de Jim Ottaviani e Maris Wicks, e pasamos ás aventuras de Spirulina en “Microalgas”, de Xulia Pisón. Estamos a comezar agora coa divulgación científica con “La química de lo bello”, de Déborah García Bello.   O club de lectura de 1º da ESO pasou dos relatos de terror á banda deseñada e xa imos coa terceira parte da serie de “Microalgas” de Xulia Pisón. Esperamos a visita da autora para falarnos da súa obra e realizar un obradoiro de debuxo para o mes de maio.   O club de lectura de portugués tamén se decidiu pola banda deseñada cunha adaptación do romance de José Saramago “A vi...

E mais un temático

Imaxe
Abrimos un novo club de lectura con alumnado de 3º ESO centrado nas consecuencias do belicismo, na confrontación das guerras e xenocidios e mais nas vías do pacifismo. A primeira lectura, dun nivel unha miga superior mais que debullaremos grupalmente, é Ruído. Relatos de guerra , de Miguel Anxo Murado. Trece historias que reflicten a dureza dunha guerra nada distante. Un booktrailer do IES de Ribadeo:

Clubs de lectura neste curso 23-24

Imaxe
Xa están funcionando os clubs de lectura deste curso con escollas ben interesantes! O club de 1º da ESO comezou con lecturas de medo nos recreos, o de segundo ciclo da ESO escolleu “Flores de ferro” de María Rei Vilas, o club de portugués está a ler “Benvidos ao Sul”, de Marianne Kaurin, no club de ciencia decidímonos por “Un feliz mundo novo”, de Aldous Huxley, e o club de profesores e profesoras estamos a ler “Faneca brava”, de Manuel Portas.  

Pepetela: A montanha da água lilás

Imaxe
  Dividímonos case á metade entre as persoas que nos gustou o libro e as que non, de feito dúas lectoras plantárono na metade. As dúas que non o acabaron non son amantes da literatura fantástica, e, sendo isto unha fábula, púidolles influír. Tamén puido ter que ver que se dilatase a lectura moito no tempo xa que ao estarmos en niveis diferentes, os exames foron en épocas diferentes e non se daba posto día para facer reunións. A fábula resultoulles atractiva a Zoe e Lucas   que gozaron coa fantasía que agocha a fábula desa “montanha de água lilás” que transforma a todo o pobo e as súa forma de vida, pero tamén transforma o entorno, degradando o medio ambiente. Ao contrario do libro anterior de Ondjaki, nesta obra case non se percibe África. Nin no ambiente, nin nos persoanxes, nin nos nomes.... pódese apañar algún vocabulário específico, pero podería ser un libro escrito en calquera lugar, mentres que o anterior levounos a outro continente. Os deseños que acompañan o text...

Arantxa Portabales: A vida secreta de Úrsula Bas

Imaxe
  En xeral gustounos o libro, houbo quen xa adiviñou o final desde a metade e houbo quen non e sorprendeuse.  En xeral os personaxes desta novela resultáronnos todos antipáticos, a ningunha das lectoras nos caeron ben, exceptuando a nena, a filla de Úrsula, que todas vemos coma unha vítima. Incluso a parella de investigadores non nos resultaron tan simpáticos desta vez coma no libro anterior ( Beleza vermella ). Tampouco nos pareceu que a súa relación estivese tan ben tratada.  En xeral, destacamos a falta de comunicación entre todos os personaxes, todas as relacións están marcadas por esa falta de comunicación propia da sociedade actual, que nos parece que se manifesta como moi pendente das redes sociais e dos medios de comunicación, pero con moi pouca comunicación real e eficaz entre as persoas. De aí que tivese máis poder un grupo de whatsapp do que calquera conversa entre as parellas que evitasen a deriva das dúas historias principais.  Gustounos de novo a forma ...

Lemos “Os da minha rua”, de Ondjaki

Imaxe
Gustounos o libro de Ondjaki, que nos achegou ao universo africano, concretamente a un dos países lusófonos dese continente: Angola.  O libro conta historias diferentes protagonizadas por crianzas e, aínda que empezamos con algo de receo e con idea de probar, a idea de que foran historias separadas pero co fío condutor de estaren no mesmo espazo e co mesmo protagonista enganchounos a unha lectura demorada que tiraba por nós aos poucos.  Gustounos ler unhas historias que saían do “normal” pero sempre dentro da cotidianeidade, porque todas son anécdotas especiais que lles contarías aos netos cando foses avó ou avoa.  En canto ao vocabulario africano dentro do portugués, non nos achegou dificultade, sacábase polo contexto e non atrancaba a lectura. O que si resultaba complicado eran os nomes dos personaxes, imposibles de lembrar, nalgúns casos imposibles de pronunciar.  Como nos gustou a experiencia de ler a este autor angolano, decidimos seguir con outro do mesmo país...

Dez no Club de 1º ESO: unha recomendación en escena

Imaxe
 Lectura escenificada de Dez negriños / Diez negritos , lido no segundo trimestre. Video edited on Kapwing

Lectura pública do Club de lectura de 1º ESO

Imaxe
Dentro das actividades do Día Mundial do Libro, integrantes do Club de lectura de 1º ESO realizaron unha lectura pública de fragmentos escollidos de A neve interminable .   

Presentación dalgunhas das lecturas do Club de portugués e de 3º ESO

Imaxe
Dentro das actividades do Día Mundial do Libro, integrantes do Club de lectura de 3º ESO e mais de portugués de 2º ESO presentaron algúns dos libros que leron.

As escollas do Club de lectura de 3º ESO

Imaxe
 Este grupo, que se reúne os venres no 2º recreo, leu ou está a ler: 1ª trimestre: O escaravello de ouro e outros relatos , de Edgar Allan Poe. 2ª trimestre: Guía del caballero para el vicio y la virtud , de Mackenzi Lee 3ª trimestre: Los renglones torcidos de dios , de Torcuato Luca de Tena.    

OS AVENTUREIROS... Na torre da princesa

Imaxe
  Lemos durante o primeiro trimestre unha historia d’ Os aventureiros de Isabel Ricardo. Pareceunos unha historia moi interesante que te transporta a un mundo do século XII, coa espada de D. Afonso Henriques como elemento central do misterio que descobren os aventureiros. Daniel, Bia, Cris, Tó Ju xunto co corvo João, acompañados por Miguel, pai de Bia e Cris, viven unha aventura en Bragança con moitos sobresaltos e algún perigo, pero finalmente conseguen que se prenda os ladróns. Hai partes que son lentas, sobre todo nos primeiros capítulos mentres fan a viaxe ata Bragança, pois van parando en sitios e explicando a historia deles, pero é un libro recomendable se che gustan as historias de aventuras protagonizadas por adolescentes. Mantén a intriga de quen serán os ladróns ata o final e tamén de como se vai resolver todo o caso. Andrea Caramés, Paola Torrado e Miguel González  

Na neve interminable

Imaxe
   O Club de 1º ESO está a preparar a lectura de fragmentos escollidos da obra que se leu: A neve interminable , de Agustín Fernández Paz.

English Book Club

Imaxe
    Comeza a súa andaina o Club de lectura de inglés en 2º ESO.

Madres e hijos, de Theodor Kallifatides

Imaxe
  As vivencias do autor, de nacionalidade grega, veñen marcadas polo exilio en Suecia, país onde reside desde hai máis de catro décadas. A visita á súa nai é o fío que nos conduce á vida da súa familia ao longo do século XX. Mestura de recordos da súa infancia e adolescencia, de escenas da vida cotiá e do relato escrito polo seu pai narrando a súa vida desde a orixe como exiliado grego en Turquía, pasando pola ocupación alemá durante a 2ª guerra mundial, o seu paso pola prisión, a perda do seu posto de traballo como mestre até a súa milagrosa salvación. A lectura da obra de Kallifatides ( Otra vida por vivir, Lo pasado no es un sueño, El asedio de Troya , etc.) fainos reflexionar sobre os valores universais utilizando como materia prima o legado da civilización grega.

Club virtual de lectura

Imaxe
 Nestas condicións especiais, estaremos realizando os intercambios virtuais no propio blogue da Biblioteca .

Carvalho Calero audiovisual

Imaxe
Osaka, de Os Amigos dos Músicos