Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril 13, 2017

La lección de August - Clube de lectura 1ºESO

Imaxe
Nun dos clubs de lectura de 1.º ESO estamos a ler La lección de August , unha novela de R. J. Palacio que desde a súa publicación non deixa de sumar lectores e recoñecementos. A novela cóntanos a historia de August, un rapaz cun rostro que o fai distinto, aínda que el só desexa ser un máis. Camiña sempre mirando ao chan, coa cabeza baixa, tratando en balde de agachar a súa cara; pero, aínda así, é obxecto de miradas furtivas, murmurios e expresións de abraio. August sae pouco, a súa vida transcorre entre as acolledoras paredes da súa casa, entre a compaña da súa familia, da súa cadela Daisy e as incribles historias de La Guerra de las Galaxias . Pero este ano todo vai mudar, porque vai ir á escola por primeira vez. Alí aprenderá a lección máis importante da súa vida, a que non se ensina nas aulas nin nos libros de texto: crecer na adversidade, aceptarse como é, sorrir nos días grises e saber que, ao final, sempre ha encontrar unha man amiga. Nunha sesión do club, acompañáronnos