CRÉASE O CLUB DE BANDA DESEÑADA DE 2º DE ESO
Os alumnos de 2º ESO A e D xa contan cun club de banda deseñada. A súa andaina comezará á volta do entroido, cunha sesión inicial de intercambio de expectativas, na que se fará reparto dos exemplares para a súa lectura e se fixará unha segunda data de reencontro e debate sobre a obra. Procuraremos focalizar ese debate nas especiais características da linguaxe do cómic, resaltando a importancia da imaxe na transmisión das emocións. Pretendemos, así mesmo, acompañar a actividade cunha charla sobre o mundo da banda deseñada, facendo un percorrido por obras e autores e afondando nas características do xénero. A obra coa que inicialmente imos traballar é a adaptación feita por Antonio Seijas da novela de Agustín Fernández Paz Cartas de inverno. A escolla vén motivada por dous feitos: _ moitos dos membros do club leron a novela e quedaron un pouco desencantados co remate, pois o suspense e a intriga mantéñense ata a fin e non conseguen porlle cara, aspecto ou forma ao estrañ