Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio 9, 2015

O CLUB DE 4º ESO E A OBRA MAESTRA DE KRESSMANN TAYLOR, ENDEREZO DESCOÑECIDO

Imaxe
Os alumnos de 4º ESO cumpriron un venres máis co seu club de lectura, esta vez para falar de Enderezo descoñecido , unha obra que parece que non decepcionou e que, dende logo, provocou bastante debate e  reflexión sobre as razóns de que unha profunda e longa amizade poida esvaecerse por mor de diferenzas ideóloxicas...  As causas do ascenso ao goberno alemán do nacionalsocialismo no ano 1933, que os alumnos de 4º coñecen porque acaban de estudalas en Ciencias Sociais,  a reflexión sobre se alguén se podía sustraer a formar parte do réxime nazi sen consecuencias nefastas para a súa familia, como unha simple carta se pode converter nunha implacable vinganza, as bases reais do relato, o seu éxito literario en toda Europa e o recoñecemento desta obra de ficción como a denuncia máis efectiva e contundente contra o nazismo, foron algúns dos temas que suscitaron máis interese e, por suposto, agradecemos a Naír e a Natalia a súa interpretación persoal de por que a autora remata a obra dun x