Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 1, 2014

Kongo. A tenebrosa viaxe de Józef Teodor Konrad Korzeniowski.

Imaxe
Kongo . A tenebrosa viaxe de Józef Teodor Konrad Korzeniowski. Debuxante: Tom Tirabosco Guionista: Christian Perrissin Banda deseñada basada na obra de Joseph Konrad El Corazón de las Tinieblas , nárranos a partir do relato autobiográfico dun capitán de mariña moi novo, o propio Konrad, o sórdido e atroz descubrimento da verdadeira dimensión da colonización do Congo belga no último tercio do século XIX. O relato testemuña e denuncia, a través dunha linguaxe clara e directa e dunha grande sinxeleza narrativa, a dureza, brutalidade e expolio ao que o continente africano foi sometido polos colonizadores europeos baixo a xustificación dunha suposta labor civilizadora.