Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro 21, 2016

Xesus Constela: "Cando escoito algo sorprendente, xa comezo a fabular"

Imaxe
O autor Xesús Constela, na xuntanza co alumnado do club de 1º de Bacharelato, deunos a súa visión dos relatos que integran "As humanas proporcións", contounos que elementos da realidade cotiá o inspiran e revelounos tamén os curiosos métodos de documentación que lle axudan a construír as súas narracións.  "O sorprendente poboa as miñas narracións, e gústame sorprender coas miñas historias...", e nós quedamos sorprendidos, sobre todo, pola súa naturalidade e pola sinxeleza coa que nos falaba duns relatos nos que a complexidade e as proporcións humanas son tratadas dun xeito tan imaxinativo e rico. A arte, as súas viaxes e vivencias, a súa vida cotiá como escritor, os xérmolos e as inquedanzas que xa lle inspiran futuros libros e ata o contido da súa próxima novela, xa a piques de se publicar, tamén encheron a súa conversa co grupo do club. Agradecidos  pola túa visita!