Asterix en Bretaña/Astérix chez les Bretons/ Asterix in Britain Guionista: Goscinny Debuxante : Uderzo Trátase do 8º album da Banda deseñada Asterix, da totalidade dos 36 con que conta a colección, se contamos os dous últimos a cargo do guionista Jean-Yves Ferri e do debuxante Didier Conrad: Astérix chez les Pictes e Astérix et le papirus du César. A pesar do título non se trata dunha aventura desenvolvida na Bretaña francesa, sino en Gran Bretaña, entre los ingleses. Deste xeito poderemos observar referencias a cultura inglesa con moitos guiños a actualidade, que, de momento, non desvelamos porque serán os lectores do clube quen as irán descubrindo. Así que atención e a coller a lupa de prestidixitador para comentar, despois, estas referencias culturais (gastronomía, música…) Observade tamén a curiosa forma de falar dos “Británicos”. A través desta banda deseñada e doutras como: Astérix chez les Belges, Astérix en Hispanie, Astérix...