Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño 10, 2017

Soy una adolescente...nadie es perfecto de María Menéndez Ponte - Clube de lectura 1ºESO C

Imaxe
O clube de lectura de 1º da ESO C adéntrase nas páxinas de  Soy una adolescente... nadie es perfecto.  Esta  obra de María Menéndez Ponte  presenta moitos dos problemas típicos da adolescencia e os conflictos que istos xeran. Faino con humor e moito sentido común. Gran parte do seu atractivo radica na orixinalidade da súa estructura. Os capítulos, moi breves, están divididos en tres partes: na primeira, imitando o WhatsApp , unha adolescente plantexa o seu problema. Na segunda, “Mejor con brújula”, temos a resposta da autora, que parte da súa experiencia como nai e profesora. Na terceira,  “Mujeres en la brecha”, amosa un exemplo positivo coa biografía dunha muller relacionada co tema tratado. O libro conta coas ilustracións de Luisa Vera e ten apoio visual cos vídeos que a autora colga no canal de  YouTube   Soy una adolescente , que está adicado ao libro. Ás rapazas de 1º ESO gustoulles moito. Lérono moi rápido e achárono moi interesante, con cuestións que as afectaban ou

Saída a Ventín - Clubs 1ºESO

Imaxe
Unha vez rematados os exames da 2ª avaliación, comezamos coa lectura de poemas e fragmentos de obras de teatro. Entre os primeiros estaban algúns de Manuel María e de Gloria Fuertes e, entre os segundos, fragmentos do Achado do castro de Manuel Núñez Singala e de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas , de Carlos Casares . Fixéronse varios ensaios co fin de levar a cabo lecturas dramatizadas no colexio de Ventín. O venres 7 de abril o alumnado pertencente aos clubs de lectura de 1º de ESO participou nunha saída ao colexio de Ventín organizada por ambas bibliotecas, a do IES do Milladoiro e a do CEIP de Ventín, para levar a cabo unha serie de lecturas dramatizadas dirixidas ao alumnado de 5º de Primaria. Tamén unhas alumnas de 3º de primaria leron uns poemas para os   clubs de 1º de ESO. De volta, xa no Instituto, participaron nunha   entrevista en  Radio Ames  e foron quen de expresar