Saída a Ventín - Clubs 1ºESO


Unha vez rematados os exames da 2ª avaliación, comezamos coa lectura de poemas e fragmentos de obras de teatro. Entre os primeiros estaban algúns de Manuel María e de Gloria Fuertes e, entre os segundos, fragmentos do Achado do castro de Manuel Núñez Singala e de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares. Fixéronse varios ensaios co fin de levar a cabo lecturas dramatizadas no colexio de Ventín.









O venres 7 de abril o alumnado pertencente aos clubs de lectura de 1º de ESO participou nunha saída ao colexio de Ventín organizada por ambas bibliotecas, a do IES do Milladoiro e a do CEIP de Ventín, para levar a cabo unha serie de lecturas dramatizadas dirixidas ao alumnado de 5º de Primaria. Tamén unhas alumnas de 3º de primaria leron uns poemas para os  clubs de 1º de ESO.

























De volta, xa no Instituto, participaron nunha entrevista en Radio Ames e foron quen de expresar a súa emoción polo reencontro co antigo profesorado de Ventín e tamén de explicar  a súa experiencia lectora.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pepetela: A montanha da água lilás