Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 2, 2015

1º BACHARELATO: As humanas proporcións

Imaxe
Autor: Xesús Constela Doce Libro de relatos curtos que engaiola coa sutilidade da súa linguaxe e permite percorrer dun xeito crítico e irónico os recunchos que conforman o mundo interior e marcan a vida do ser humano: o nacemento, a vellez, a morte, a vaidade,  o poder, a violencia individual e social, a busca de liberdade…

CLUB DE 3º ESO: A neve interminable

Imaxe
Autor: Agustín Fernández Paz Nas palabras do autor nunha entrevista que lle fixeron no Faro de Vigo (20/04/2015): "Gústánme os contos de medo e as películas de medo" e iso, medo do bo, é o que quere contaxiarnos con esta novela.  Pero non debo adiantar máis ca estes pequenos indicios para abrir boca á súa lectura...”.

CLUB DE 2º ESO: O cazador de estrelas

Imaxe
Autor: Ricardo Gómez Permítenos coñecer a vida dun pobo, o saharaui, un pobo de refuxiados e empobrecido a causa dos avatares políticos do último tercio do século XX. Esta situación é o telón de fondo da historia de superación dun adolescente e seu proceso de maduración.

CLUB DE 1º ESO: El mundo de los sueños

Imaxe
Autor: Joan Manuel Gisbert Un escritor ávido de aventuras para sus novelas está paseando por el puerto de Barcelona, de pronto ve algo que llama su atención, de una caja de madera surge un autómata: el Gran Turco. Este hecho atrae con una fuerza irrefrenable la atención del protagonista, que decide seguir el camino del androide.

PRESENTACIÓN DAS LECTURAS DESTE MES E DOS CLUBS DE LECTURA

Para coñecer un pouco máis a temática das lecturas dos nosos clubs e animarte a facer comentarios na túa  próxima sesión, bota unha ollada ás recencións das obras que imos LER: