Publicacións

Arantxa Portabales: A vida secreta de Úrsula Bas

Imaxe
  En xeral gustounos o libro, houbo quen xa adiviñou o final desde a metade e houbo quen non e sorprendeuse.  En xeral os personaxes desta novela resultáronnos todos antipáticos, a ningunha das lectoras nos caeron ben, exceptuando a nena, a filla de Úrsula, que todas vemos coma unha vítima. Incluso a parella de investigadores non nos resultaron tan simpáticos desta vez coma no libro anterior ( Beleza vermella ). Tampouco nos pareceu que a súa relación estivese tan ben tratada.  En xeral, destacamos a falta de comunicación entre todos os personaxes, todas as relacións están marcadas por esa falta de comunicación propia da sociedade actual, que nos parece que se manifesta como moi pendente das redes sociais e dos medios de comunicación, pero con moi pouca comunicación real e eficaz entre as persoas. De aí que tivese máis poder un grupo de whatsapp do que calquera conversa entre as parellas que evitasen a deriva das dúas historias principais.  Gustounos de novo a forma de contar da escrit

Lemos “Os da minha rua”, de Ondjaki

Imaxe
Gustounos o libro de Ondjaki, que nos achegou ao universo africano, concretamente a un dos países lusófonos dese continente: Angola.  O libro conta historias diferentes protagonizadas por crianzas e, aínda que empezamos con algo de receo e con idea de probar, a idea de que foran historias separadas pero co fío condutor de estaren no mesmo espazo e co mesmo protagonista enganchounos a unha lectura demorada que tiraba por nós aos poucos.  Gustounos ler unhas historias que saían do “normal” pero sempre dentro da cotidianeidade, porque todas son anécdotas especiais que lles contarías aos netos cando foses avó ou avoa.  En canto ao vocabulario africano dentro do portugués, non nos achegou dificultade, sacábase polo contexto e non atrancaba a lectura. O que si resultaba complicado eran os nomes dos personaxes, imposibles de lembrar, nalgúns casos imposibles de pronunciar.  Como nos gustou a experiencia de ler a este autor angolano, decidimos seguir con outro do mesmo país, a noso próxima av

Dez no Club de 1º ESO: unha recomendación en escena

Imaxe
 Lectura escenificada de Dez negriños / Diez negritos , lido no segundo trimestre. Video edited on Kapwing

Lectura pública do Club de lectura de 1º ESO

Imaxe
Dentro das actividades do Día Mundial do Libro, integrantes do Club de lectura de 1º ESO realizaron unha lectura pública de fragmentos escollidos de A neve interminable .   

Presentación dalgunhas das lecturas do Club de portugués e de 3º ESO

Imaxe
Dentro das actividades do Día Mundial do Libro, integrantes do Club de lectura de 3º ESO e mais de portugués de 2º ESO presentaron algúns dos libros que leron.

As escollas do Club de lectura de 3º ESO

Imaxe
 Este grupo, que se reúne os venres no 2º recreo, leu ou está a ler: 1ª trimestre: O escaravello de ouro e outros relatos , de Edgar Allan Poe. 2ª trimestre: Guía del caballero para el vicio y la virtud , de Mackenzi Lee 3ª trimestre: Los renglones torcidos de dios , de Torcuato Luca de Tena.    

OS AVENTUREIROS... Na torre da princesa

Imaxe
  Lemos durante o primeiro trimestre unha historia d’ Os aventureiros de Isabel Ricardo. Pareceunos unha historia moi interesante que te transporta a un mundo do século XII, coa espada de D. Afonso Henriques como elemento central do misterio que descobren os aventureiros. Daniel, Bia, Cris, Tó Ju xunto co corvo João, acompañados por Miguel, pai de Bia e Cris, viven unha aventura en Bragança con moitos sobresaltos e algún perigo, pero finalmente conseguen que se prenda os ladróns. Hai partes que son lentas, sobre todo nos primeiros capítulos mentres fan a viaxe ata Bragança, pois van parando en sitios e explicando a historia deles, pero é un libro recomendable se che gustan as historias de aventuras protagonizadas por adolescentes. Mantén a intriga de quen serán os ladróns ata o final e tamén de como se vai resolver todo o caso. Andrea Caramés, Paola Torrado e Miguel González