1º ENCONTRO COAS "HUMANAS PROPORCIÓNS"
O venres 13 de novembro tivo lugar o primeiro encontro dos alumnos do club de lectura de 1º bacharelato para falar sobre a lectura deste trimestre "As humanas proporcións" de Xesús Constela Doce. Os relatos dos que falamos nesta ocasión foron LILY , GEOGRAPHOS e ALGARISMOS. Estas son algunhas das reflexións que xurdiron durante a conversa na que todos os alumnos deron os seus puntos de vista: LILY Crítica das actitudes superficiais e frívolas dun grupo de "amigos" reunidos nun suntuoso banquete, das súas mostras de vaidade e indiferenza ante morte allea, aínda que suceda ao seu mesmo carón. Impactante relato que crea unha profunda imaxe metafórica que é lamentablemente extrapolable á actual vida cotiá na que tamén convivimos coa morte allea sen case inmutarnos. Reflexiona sobre a frialdade e a falla de escrúpulos; os personaxes poden estar describindo as escenas máis pavorosas mentres cean con calma e xactancia. GEOGRAPHOS Rel...