Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro 28, 2014

NELA e os alumnos de 4º ESO C

Imaxe
Esta mañá tivemos a  sesión do clube de lectura de 4º de ESO para realizar a posta en común sobre o cómic NELA de Rayco Pulido, adaptación gráfica da obra MARIANELA de Benito Pérez Galdós; pasados os momentos iniciais nos que tod@s, agás Juan , coincidían en que necesitaban máis tempo para rematar a lectura, comezamos cunha introdución e resumo da obra realizada polo único que rematou de ler o cómic, e moi ben feita, por certo, aínda que tamén é certo que todos tiñan a súa propia opinión sobre a obra e moito interés en falar dela : “é moi tenra, pero moi triste”, dicían. Finalmente, todos se comprometeron a rematala para a nosa seguinte sesión, o próximo venres 5 de decembro, mesmo lugar e mesma hora.  A partir da introdución, puidemos analizar algúns dos temas máis importantes que xiran arredor da nosa protagonista e saíron temas como o da falsa caridade, quen é o culpable da situación da protagonista, en que época se desenvolve a historia, ten actualidade a historia?, hai