Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro 11, 2015

RESISTENCIA, Rosa Aneiros

Imaxe
Anunciámosvos a nova lectura do noso clube, que sen dúbida responderá ás expectativas dos que nos pediron unha boa novela de amor , e neste caso tamén de resistencia, para a nosa nova reunión. Trátase da obra “ Resistencia ” da autora galega Rosa Aneiros , novela publicada no 2002 e que recibiu, entre outros, o premio Arzebispo San Clemente no 2003.  Velaquí un pequeno fragmento do fermoso comezo desta obra: “ Aquel día do verán de 1994 Dinís estaba sentado no alto dun cantil de San Pedro de Moel, como tantas outras tardes. Tiña a cana de pescar estendida cara ó mar e o amocelo rebrincaba por entre as ondas atlánticas nun xogo de seducción mortal.”