Iniciamos o club do profesorado. Del color de la leche. Nell Leyshon
![Imaxe](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEisGI6CUTECqljw4k7piIs029tB0XZXYnbbvZmD3VqOie-DyWVzfBbQzRHVljgzleIY9LCHWdxa1JqBtfHNdMG8gOqo02-i34yw3g1mIpxJLbs7DkNx6-In1mmEdFXFFA4QbM5QQ7rkng/s640/DEL+COLOR+DE+LA+LECHE.jpeg)
Del color de la leche , de Nell Leyshon , é unha novela curta que concentra a súa narración nun pequeno universo, unha comunidade rural da Inglaterra de 1831, e nunha protagonista cuxa existencia cambia radicalmente cando aprende a escribir. A autora achéganos a unha historia conmovedora, contada en primeira persoa coa linguaxe rudimentaria dunha rapaza que está aprendendo a ler e escribir. Sorprende a naturalidade e a honestidade coa que a súa protagonista, unha campesina de quince anos, se enfronta á brutalidade que a rodea.