Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro 4, 2016

A neve interminable. Club de lectura 3ºESO

Imaxe
“Que sentido ten escribir estas liñas? Nin sequera sei se haberá alguén que as lea no futuro. Por non saber, mesmo ignoro se veremos un futuro. Mais en algo teño que ocupar as inacabables horas do día para non deixarme arrastrar pola desesperación ou polo medo”. Coa lectura destas palabras internámonos co club de 3ºESO   na obra de Agustín Fernández Paz “A neve interminable”, un relato,   trufado á súa vez de breves e variados relatos, nos que a   inquedanza e o sobrenatural conviven con cinco personaxes incomunicados nun recóndito hostal da Fonsagrada por mor dunha desacougante e interminable nevarada. A intriga, a   incerteza e o inexplicable son só algúns dos ingredientes desta suxestiva e invernal narración. Só nos queda mergullarnos nela cada xoves no 2º recreo. Animádevos a continuar coa súa lectura e a participar na súa posta en común.   Esther