Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 3, 2016

CRÓNICA DA INcursión DO CLUB DE 3º e 4º ESO NA ÁNXEL CASAL

Imaxe
Botádelle unha ollada a isto: Portadas e títulos de libros do máis IN , non credes? IN teresantes uns; IN igualables outros; IN quietantes moitos; IN sospeitados algúns; IM prescindibles, IM presionantes, IN imaxinables, IM pactantes, IM portantes, IN trigantes… O que está claro é que ás profesoras e alumnos dos clubs de lectura de 3º e 4º que puidemos telos nas nosas mans o día 3 de febreiro non nos deixaron IN diferentes. E non creades que os vimos nunha exposición ou museo, non: non son IN alcanzables. Todos eles están á disposición de calquera cidadán, de calquera de nós, para collelos, miralos, lelos e relelos, pois forman parte dos fondos da Biblioteca Pública Ánxel Casal ( http://rbgalicia.xunta.es/santiago/ )  . Descubrimos, pois, na nosa visita, un espazo súper agradable no que poder facernos con obras de todos os xéneros en todas as linguas, músicas de todas as partes do mundo e filmes desde o máis clásico ata o máis actual. E, por suposto, con cómodos esp