Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo 21, 2019

CLUB 1º E.S.O.

Imaxe
O club de 1º E.S.O. coordinado pola profesora de Lingua e Literatura española, Dona Diana Rúa escolle Rebeldes de Susan Hinton, para compartir lectura e opinións. O grupo participa en reunións periódicas como a aque aparece na foto abaixo.  

CLUB 2º E.S.O.

Imaxe
Autora: Nuria Díaz   POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 18-19,  invitando a descubrir a poesía que nos rodea. O club de 2º curso de E.S.O., coordinado polas profesoras Dona Cristalina Rodríguez e Dona Margarita Rodríguez, enmarca as súas lecturas no devandito lema. Para comezar escolleron varios poemas que comentan nas reunións que celebran periódicamente: Street Poems , Fran Alonso A pel do mundo , Berta Dávila Aplicación instantánea , Carlos Negro Petando nas portas de Dylan , Antonio García Teijeiro Centoonce , Quico Neves Todo isto antes era noite , Lucía Aldao Con un cassette e un boli bic , Defreds O cuarto das abellas , Antía Otero Poemar o mar , Antonio García Teijeiro Cidades , Fran Alonso   Moda galega reloaded , María Reimóndez Oso mamá si , María Lado Zoommm. Textos bió

CLUBS 18-19

Imaxe
 Un ano máis contamos con máis de 60 persoas inscritas nos clubs de lectura. Alumnado de todos os cursos da ESO e  1º de Bacharelato que forman parte de algún dos clubs dinamizados por profesorado voluntario ( Maruxa Fernández Rivas, Diana Rúa, Cristalina Os diferentes clubs celebran teñen reunións periódicas das que daremos conta no noso blog.