Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro 26, 2016

BANDA DESEÑADA DE TEMÁTICA SOCIAL: PERSÉPOLIS

Imaxe
De que trata? A autora iraní, Marjane Satrapi, relátanos nesta obra a historia do su país, a súa propia historia, a historia do réxime fundamentalista islámico no que creceu e que marcaría a súa existencia. Estos son algúns dos avatares políticos e sociais arredor dos que se constrúen os catro álbumes que configuran esta obra: 1º álbum: en 1979, cando a protagonista ten dez anos, será testigo da caída de cincuenta anos de mandato do xa de Persia e da chegada da república islámica. 2º álbum: a súa adolescencia, que coincide coa metade dos anos oitenta, terá como trasfondo a guerra entre Irán e Irak. 3º álbum: a súa vida transcorre en Austria, para alonxarse dos perigos que a súa rebelde conduta supón nun réxime político tan férreo. 4º álbum: regreso a Irán para estudar belas artes en Teherán. Quen é a protagonista? A protagonista e autora educouse no seo dunha familia occidentalizada e progresista, sensible cos desigualdades sociais, imaxinativa e con inquedanzas intele