BANDA DESEÑADA DE TEMÁTICA SOCIAL: PERSÉPOLIS
De
que trata?
A
autora iraní, Marjane Satrapi, relátanos nesta obra a historia do su país, a
súa propia historia, a historia do réxime fundamentalista islámico no que
creceu e que marcaría a súa existencia. Estos son algúns dos avatares políticos
e sociais arredor dos que se constrúen os catro álbumes que configuran esta
obra:
- 1º álbum: en 1979, cando a protagonista ten dez anos, será testigo da caída de cincuenta anos de mandato do xa de Persia e da chegada da república islámica.
- 2º álbum: a súa adolescencia, que coincide coa metade dos anos oitenta, terá como trasfondo a guerra entre Irán e Irak.
- 3º álbum: a súa vida transcorre en Austria, para alonxarse dos perigos que a súa rebelde conduta supón nun réxime político tan férreo.
- 4º álbum: regreso a Irán para estudar belas artes en Teherán.
Quen
é a protagonista?
A
protagonista e autora educouse no seo dunha familia occidentalizada e
progresista, sensible cos desigualdades sociais, imaxinativa e con inquedanzas
intelectuais, soportará xunto coa súa familia e amigos a decepción que para os
partidarios do islamismo moderado supuxo o integrismo relixioso que se instaurou
no seu país coa chegada da república islámica.
Que
sabemos da autora?
Marjane
Satrapi (Rasht, Irán, 1969), estudou Belas Artes en Teherán, abandonou en 1994
o seu país, cansada da censura e a discriminación da muller, e desenvolveu a
súa carreira artística en Francia. A partir deste momento céntrase en crear
unha obra de banda deseñada na que reflicta as súas vivencias en Irán.
Persépolis: a película
O 27 de xuño de 2007 estreouse en Francia a animación dos dous primeiros álbumes da banda deseñada, codirixida e coescrita pola propia Satrapi.
Trailer da adaptación ao cinema:
Entrevista
á autora:
Comentarios
Publicar un comentario