Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril 3, 2015

Paroles, Jacques Prévert

Imaxe
O numeroso grupo do club de lectura de Francés de 4º da ESO, tras ler varios capítulos que xa mencionamos neste blogue de L’Africain de Le Clézio,  tivo ao longo do mes de xaneiro tres sesións de poesía seguindo a petición dun alumno de francés. A elección de poesía que fixeron foi a obra de Jacques Prévert por resultar máis accesible para os alumnos deste nivel. Na primeira sesión falouse dos distintos xéneros e sobre as preferencias de cada membro do club, convindo en que todos, profesora incluída, lera máis textos narrativos que poéticos, polo cal considerouse que ésta era unha boa oportunidade para explorar o sendeiro da poesía, até o de agora menos coñecido para todos, decatándonose de antemán de que é un xénero de maior dificultade e, sobre todo, se o reto se plantea nunha lingua estranxeira. Na segunda sesión realizouse unha lectura de poemas en galego e en castelán, seleccionados polos propios alumnos e alumnas. E por fin, na terceira sesión, léronse a varia