Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro 23, 2019

O curioso incidente do can a medianoite

Imaxe
Esta novela de Mark  Haddon é a primeira obra escollida polo Club de 1 ESO. Christopher é un mozo con síndrome de Asperger, o que lle limita as habilidades sociais, a pesar da súa intelixencia. Unha noite é o primeiro en descubrir que Wellington, o can da veciña, foi asasinado. E a súa paixón polas novelas de detectives lévao a iniciar unha investigación para atopar o culpable. Ao tempo que fai pescudas, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará misterios familiares que van alterar a súa vida. O libro está escrito a xeito de diario, de modo que o narrador adopta o particular punto de vista de Christopher, inzándoo das súas peculiares interpretacións. Combínanse episodios que amosan a sagacidade do protagonista con outros nos que se esforza por comprender claves elementais na interacción social, como poden ser as expresións do rostro ou a ironía. Consegue deste xeito que medre a nosa empatía cara a este rapaz tan especial. A crítica tamén ten sinalado como punto fo