Soy una adolescente...nadie es perfecto de María Menéndez Ponte - Clube de lectura 1ºESO C
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
-
O clube de lectura de 1º da ESO C adéntrase nas páxinas de Soy
una adolescente... nadie es perfecto. Esta obra de María Menéndez Ponte presenta moitos dos problemas típicos da adolescencia e os conflictos que istos
xeran. Faino con humor e moito sentido común. Gran parte do seu atractivo
radica na orixinalidade da súa estructura. Os capítulos, moi breves, están
divididos en tres partes: na primeira, imitando o WhatsApp, unha adolescente
plantexa o seu problema. Na segunda, “Mejor con brújula”, temos a resposta da
autora, que parte da súa experiencia como nai e profesora. Na terceira, “Mujeres en la
brecha”, amosa un exemplo positivo coa biografía dunha muller relacionada co
tema tratado.
O libro conta coas ilustracións de
Luisa Vera e ten apoio visual cos vídeos que a autora colga no canal de YouTubeSoy una adolescente, que está adicado ao libro.
Ás rapazas de 1º ESO gustoulles moito. Lérono moi rápido e achárono moi interesante, con cuestións que as afectaban ou podían afectar nun futuro.
Os clubs de lectura despedimos este curso cunha saída por Santiago de Compostela. Visitamos as exposicións "Da semente á árbore", "Outras historias posibles" e "Tesouros reais" na Cidade da Cultura e camiñamos ata o casco vello da cidade facendo un tramo da ruta do Sar. Paseamos por rúas e prazas e entramos nalgunhas librarías da zona. Rematamos a xornada na biblioteca Ánxel Casal tomando nota dalgúns títulos para posibles lecturas de verán.
Hoxe o club de lectura de 1º da ESO, xunto coa rapazada da radio de Dinamización Lingüística, visitamos o alumnado de 5º de primaria do cole de Ventín para ler con eles e elas as historias de banda deseñada de Microalgas. Foi unha xornada divertida e tivemos tempo de saudar a profes e amigos/as do noso antigo colexio.
Este luns 13 de maio os integrantes dos diferentes clubs de lectura do instituto tivemos a sorte de recibir no centro a Xulia Pisón, que nos falou da súa historia persoal e como escribiu e debuxou as tres partes de Microalgas . Púxonos a debuxar a nós tamén e creamos os nosos propios personaxes e historias dunhas poucas viñetas. Foi unha sesión moi interesante. Grazas a todas e todos por participar.
Comentarios
Publicar un comentario