CRÉASE O CLUB DE BANDA DESEÑADA DE 2º DE ESO
Os alumnos de 2º ESO A e D xa contan cun club de banda deseñada. A súa andaina comezará á volta do entroido, cunha sesión inicial de
intercambio de expectativas, na que se fará reparto dos exemplares para a súa
lectura e se fixará unha segunda data de reencontro e debate sobre a obra.
Procuraremos focalizar ese debate nas especiais características da linguaxe do
cómic, resaltando a importancia da imaxe na transmisión das emocións.
Pretendemos,
así mesmo, acompañar a actividade cunha charla sobre o mundo da banda deseñada,
facendo un percorrido por obras e autores e afondando nas características do
xénero.
A
obra coa que inicialmente imos traballar é a adaptación feita por Antonio
Seijas da novela de Agustín Fernández Paz Cartas de inverno. A escolla
vén motivada por dous feitos:
_
moitos dos membros do club leron a novela e quedaron un pouco desencantados co
remate, pois o suspense e a intriga mantéñense ata a fin e non conseguen porlle
cara, aspecto ou forma ao estraño “ser”
que desencadena os tráxicos acontecementos. Achéganse ao cómic, por tanto, coa
esperanza de porlle imaxe a todo, coa curiosidade de saber cómo o autor
imaxinou eses mesmos feitos;
_ e
os demais non leron a novela pero si escoitaron falar moi ben dela: saben da
súa intriga e gostan do xénero “terror”, pero prefiren coñecer a historia a
través da banda deseñada, por parecerlles máis cómodo e sinxelo.
Comentarios
Publicar un comentario