OS AVENTUREIROS... Na torre da princesa

 


Lemos durante o primeiro trimestre unha historia d’Os aventureiros de Isabel Ricardo.
Pareceunos unha historia moi interesante que te transporta a un mundo do século XII, coa espada de D. Afonso Henriques como elemento central do misterio que descobren os aventureiros. Daniel, Bia, Cris, Tó Ju xunto co corvo João, acompañados por Miguel, pai de Bia e Cris, viven unha aventura en Bragança con moitos sobresaltos e algún perigo, pero finalmente conseguen que se prenda os ladróns.
Hai partes que son lentas, sobre todo nos primeiros capítulos mentres fan a viaxe ata Bragança, pois van parando en sitios e explicando a historia deles, pero é un libro recomendable se che gustan as historias de aventuras protagonizadas por adolescentes.
Mantén a intriga de quen serán os ladróns ata o final e tamén de como se vai resolver todo o caso.

Andrea Caramés, Paola Torrado e Miguel González


 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pepetela: A montanha da água lilás