Arantxa Portabales: A vida secreta de Úrsula Bas


 

En xeral gustounos o libro, houbo quen xa adiviñou o final desde a metade e houbo quen non e sorprendeuse. 

En xeral os personaxes desta novela resultáronnos todos antipáticos, a ningunha das lectoras nos caeron ben, exceptuando a nena, a filla de Úrsula, que todas vemos coma unha vítima. Incluso a parella de investigadores non nos resultaron tan simpáticos desta vez coma no libro anterior (Beleza vermella). Tampouco nos pareceu que a súa relación estivese tan ben tratada. 

En xeral, destacamos a falta de comunicación entre todos os personaxes, todas as relacións están marcadas por esa falta de comunicación propia da sociedade actual, que nos parece que se manifesta como moi pendente das redes sociais e dos medios de comunicación, pero con moi pouca comunicación real e eficaz entre as persoas. De aí que tivese máis poder un grupo de whatsapp do que calquera conversa entre as parellas que evitasen a deriva das dúas historias principais. 

Gustounos de novo a forma de contar da escritora, que engancha moito, pero consideramos que non deixou ben enlazados algúns capítulos polo medio, nalgún momento aparecían como pegotes, que ao final tiñan sentido, pero este aspecto estaba mellor logrado nas dúas novelas anteriores que lemos dela.




 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Clubs de lectura neste curso 23-24

Pepetela: A montanha da água lilás

Actividade do club de 1º ESO no colexio de Ventín