Madres e hijos, de Theodor Kallifatides
As vivencias do autor, de nacionalidade grega, veñen marcadas polo exilio en Suecia, país onde reside desde hai máis de catro décadas.
A visita á súa nai é o fío que nos conduce á vida da súa familia ao longo do século XX. Mestura de recordos da súa infancia e adolescencia, de escenas da vida cotiá e do relato escrito polo seu pai narrando a súa vida desde a orixe como exiliado grego en Turquía, pasando pola ocupación alemá durante a 2ª guerra mundial, o seu paso pola prisión, a perda do seu posto de traballo como mestre até a súa milagrosa salvación.
A lectura da obra de Kallifatides (Otra vida por vivir, Lo pasado no es un sueño, El asedio de Troya, etc.) fainos reflexionar sobre os valores universais utilizando como materia prima o legado da civilización grega.
Comentarios
Publicar un comentario