Pepetela: A montanha da água lilás



 

Dividímonos case á metade entre as persoas que nos gustou o libro e as que non, de feito dúas lectoras plantárono na metade. As dúas que non o acabaron non son amantes da literatura fantástica, e, sendo isto unha fábula, púidolles influír. Tamén puido ter que ver que se dilatase a lectura moito no tempo xa que ao estarmos en niveis diferentes, os exames foron en épocas diferentes e non se daba posto día para facer reunións. A fábula resultoulles atractiva a Zoe e Lucas  que gozaron coa fantasía que agocha a fábula desa “montanha de água lilás” que transforma a todo o pobo e as súa forma de vida, pero tamén transforma o entorno, degradando o medio ambiente.

Ao contrario do libro anterior de Ondjaki, nesta obra case non se percibe África. Nin no ambiente, nin nos persoanxes, nin nos nomes.... pódese apañar algún vocabulário específico, pero podería ser un libro escrito en calquera lugar, mentres que o anterior levounos a outro continente.

Os deseños que acompañan o texto desagradáronlle a Lucas, non en especial polos deseños en si, senón porque non lle gusta que, en calquera libro que le, se presenten imaxes dos protagonistas xa que condiciona a imaxe que el se fai deles. Ao resto resultáronnos bastante irrelevantes, ou non reparamos moito neles, ou simplemente non nos influíron.

Comentarios

Publicacións populares deste blog