Publicacións

Contos Nerviosos

Imaxe
Contos nerviosos non deixou indiferente a ninguén. Fran Alonso conseguiu transmitir con moito acerto ese sentimento que xorde cando unha situación nos saca de quicio e non está nas nosas mans, ou cando o mundo se nos volve do revés e nos cambian as regras do xogo. Grazas a esta lectura puidemos falar de nós, dos nosos irmáns, de como eramos cando eramos máis cativos e cativas e de como imos madurando e despedíndonos daquilo ao que lle tiñamos apego. Tamén de como cambia a nosa maneira de relacionarnos cos demais, do egoísmo, do que sentimos cando nos cargan nas mochilas os problemas que non entendemos e que nos veñen dados... Este feixe de relatos conectados fixéronnos ter que parar a pensar e, sobre todo, fixéronnos contar a nós...

O Bosque Pálido

Imaxe
O Bosque Pálido foi un libro que gustou e non gustou. Gustou a historia, querían un final distinto, gustou o ambiente, deu medo e a protagonista gustou, mais tamén non gustou... E por iso cadaquén falou e falou ben, porque ler sempre esperta sementes que botan froitos diferentes en cada persoa. E aquí vos deixamos algunhas das opinións da lectura...

Contos nerviosos, de Fran Alonso

Imaxe
 No club de lectura de 1º B estamos lendo Contos nerviosos , de Fran Alonso. Ler en grupo, a fío, e facendo paradas para comentar é unha das actividades que sempre dá sorpresas!  Este libro chegou ás nosas mans para poñernos nerviosos. Para intentar poñernos na pel dun neno cunha alerxia que lle complica a vida, cun mundo de adultos que lle pesa e para ler e sentir, sentir con todo o noso corpo. E pouco e pouco... o texto vai tomando forma nas nosas cabezas... Cabrafanada represéntase como o lugar reconfortante que todos procuramos. A lectura está en marcha, algúns devorárona nunha tarde, outros imos aos poucos, deleitándonos, comentándoa e tratando de reconstruír o calidoscopio de fantasía que se abre ante nós. Poñéndonos nerviosos e nerviosas... e ese é o obxectivo, gozar de sentir o que as palabras nos queren suxerir...

O club de lectura de 1º B

Imaxe
O noso club é moi numeroso, pois formámolo, practicamente, todos os rapaces e as rapazas do grupo de 1º B. Isto non é impedimento ningún, pois, á parte de bulir nas lecturas e intentar non desvelar nada mentres os libros andan de man en man, as achegas e as visións son moito máis variadas e complexas. No Entroido non paramos, que lucidos saímos! Comezamos por ler o Bosque Pálido, de Jaureguízar, e de aí saíron visións moi diferentes sobre as afinidades que temos cos personaxes polos seus comportamentos e como nos gusta que sexan os finais das novelas. Agora, estamos mergullados nunha lectura que pretendemos experimentar por moitos sentidos. Iremos falando dela conforme vaiamos avanzando. O club está en marcha e isto non para! Esta xente miúda no Bosque Pálido seguro que triunfaba!

O Bosque Pálido

Imaxe
No club de lectura de 1ºB estivemos lendo O Bosque Pálido, de Jaureguízar. A sensación que nos deixou o libro foi, en xeral, moi boa, pois case todos e todas atopamos un personaxe favorito co que empatizamos, un personaxe que nos causaba aversión ou que nos poñía tensos e tensas e unha resolución da historia que nos deu para debater. Fixemos un pequeno vídeo dando algunhas das opinións, que deixaremos proximamente por aquí, mais non queremos desvelar nada aos futuros e futuras lectores. Iso si, animámosvos a ler esta novela se vos gusta o ambiente de misterio!

O señor Ibrahim e as flores do Corán no club de 4º ESO A

Imaxe
O club de lectura de 4º ESO A comezou as sesión deste ano comentando O señor Ibrahim e as flores do Corán , de Eric-Emmanuel Schmitt. Unha fermosa historia sobre a amizade e a esperanza que condensa en tan só sesenta páxinas unha enorme sabedoría. Animámosvos a que a leades.

Iniciamos o club do profesorado. Del color de la leche. Nell Leyshon

Imaxe
  Del color de la leche , de Nell Leyshon , é unha novela curta que concentra a súa narración nun pequeno universo, unha   comunidade rural da Inglaterra de 1831, e nunha protagonista cuxa existencia cambia radicalmente cando aprende a escribir. A autora achéganos a unha historia conmovedora, contada en primeira persoa coa linguaxe rudimentaria dunha rapaza que está aprendendo a ler e escribir. Sorprende a naturalidade e a honestidade coa que a súa protagonista, unha campesina de quince anos, se enfronta á brutalidade que a rodea.