No club de lectura de 1º B estamos lendo
Contos nerviosos, de Fran Alonso.
|
Ler en grupo, a fío, e facendo paradas para comentar é unha das actividades que sempre dá sorpresas! |
Este libro chegou ás nosas mans para poñernos nerviosos. Para
intentar poñernos na pel dun neno cunha alerxia que lle complica a vida,
cun mundo de adultos que lle pesa e para ler e sentir, sentir con todo o
noso corpo.
|
E pouco e pouco... o texto vai tomando forma nas nosas cabezas... |
Cabrafanada represéntase como o lugar reconfortante que todos procuramos. A lectura está en marcha, algúns devorárona nunha tarde, outros imos aos poucos, deleitándonos, comentándoa e tratando de reconstruír o calidoscopio de fantasía que se abre ante nós.
Poñéndonos nerviosos e nerviosas... e ese é o obxectivo, gozar de sentir o que as palabras nos queren suxerir...
Comentarios
Publicar un comentario