O Bosque Pálido
No club de lectura de 1ºB estivemos lendo O Bosque Pálido, de Jaureguízar.
A sensación que nos deixou o libro foi,
en xeral, moi boa, pois case todos e todas atopamos un personaxe
favorito co que empatizamos, un personaxe que nos causaba aversión ou
que nos poñía tensos e tensas e unha resolución da historia que nos deu
para debater.
Fixemos un pequeno
vídeo dando algunhas das opinións, que deixaremos proximamente por aquí,
mais non queremos desvelar nada aos futuros e futuras lectores.
Iso si, animámosvos a ler esta novela se vos gusta o ambiente de misterio!
Comentarios
Publicar un comentario