Publicacións
CRÉASE O CLUB DE BANDA DESEÑADA DE 2º DE ESO
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Os alumnos de 2º ESO A e D xa contan cun club de banda deseñada. A súa andaina comezará á volta do entroido, cunha sesión inicial de intercambio de expectativas, na que se fará reparto dos exemplares para a súa lectura e se fixará unha segunda data de reencontro e debate sobre a obra. Procuraremos focalizar ese debate nas especiais características da linguaxe do cómic, resaltando a importancia da imaxe na transmisión das emocións. Pretendemos, así mesmo, acompañar a actividade cunha charla sobre o mundo da banda deseñada, facendo un percorrido por obras e autores e afondando nas características do xénero. A obra coa que inicialmente imos traballar é a adaptación feita por Antonio Seijas da novela de Agustín Fernández Paz Cartas de inverno. A escolla vén motivada por dous feitos: _ moitos dos membros do club leron a novela e quedaron un pouco desencantados co remate, pois o suspense e a intriga mantéñense ata a fin e non conseguen porlle cara, aspecto ou f...
OS ALUMNOS DE 4º e 3º ESO NA BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
A PRIMEIRA RECENSIÓN DOS NOSOS ALUMNOS
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Xa temos a primeira recensión do club feita por un alumno de 1º ESO. A continuación, o que nos contou Martín Alonso de 1º ESO A: No noso centro temos un club de lectura no que participan alumnos/as de todos os cursos aos que lles gusta ler. Os membros do club reunímonos unha vez ao mes e falamos sobre os libros que limos e damos a nosa opinión. Á parte diso, eliximos un libro para ler todos e comentalo na reunión seguinte. Nas primeiras reunións tamén merendamos algunha lambonada. Ademais das reunións, facemos outras actividades, como a saída que fixemos ao CEIP de Ventín para inaugurar a súa biblioteca. Neste primeiro trimestre limos dous relatos de misterio. Titúlanse “Aprendiz de detective” e “Un atraco moi costoso”. En “Aprendiz de detective” un neno fai unha amiga á que un home descoñecido lle dá caramelos todos os días. A nena desaparece e catro anos máis tarde volve pasar o mesmo. O libro é entretido, xa que che deixa coa intriga atá o final.
AS LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Os alumnos de 3º ESO continurán coa lectura de O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro; centrado na figura de Vincent Van Gogh, fálanos de pintura, ten un narrador-protagonista do que non se coñece o nome, cal será a razón, fálanos de Adeline e de moitas outras cousas... Aos alumnos de 1º ESO suxerímoslles o relato de misterio DEZ NEGRIÑOS de Agatha Christie: dez persoas son invitadas a pasar unha fin de semana a unha illa, pero, cuando chegan, o anfitrión non está e o único que atopan é unha cinta gravada sobre un asasinato e os seus posibles sospeitosos. Merece a pena saber como remata esta intrigante obra... Os alumnos de 4º ESO lerán este trimestre un relato de amor que percorre a historia social e política de Portugal a través de varias xeracións de personaxes...
RESISTENCIA, Rosa Aneiros
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Anunciámosvos a nova lectura do noso clube, que sen dúbida responderá ás expectativas dos que nos pediron unha boa novela de amor , e neste caso tamén de resistencia, para a nosa nova reunión. Trátase da obra “ Resistencia ” da autora galega Rosa Aneiros , novela publicada no 2002 e que recibiu, entre outros, o premio Arzebispo San Clemente no 2003. Velaquí un pequeno fragmento do fermoso comezo desta obra: “ Aquel día do verán de 1994 Dinís estaba sentado no alto dun cantil de San Pedro de Moel, como tantas outras tardes. Tiña a cana de pescar estendida cara ó mar e o amocelo rebrincaba por entre as ondas atlánticas nun xogo de seducción mortal.”
REBELDES, Susan E. Hinton
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
O mércores 3 de decembro os alumnos de 2º ESO tiveron o seu primeiro encontro con Cristina para falar das súas impresións sobre a obra do primeiro trimestre, Rebeldes de Susan E. Hinton. Ademais de que todos leron a obra, destacamos que a maioría se identificaron con algunhas das situacións descritas na narración, aínda que con salvedades, xa que o contexto no que se desenvolve, contexto de marxinación e violencia entre adolescentes nunha grande cidade, é moi diferente ao noso. En xeral, pareceulles entretida e coinciden en que lles gustaría ver a adaptación fílmica da obra.