AS LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE
Os alumnos de 3º ESO continurán coa
lectura de O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro; centrado na
figura de Vincent Van Gogh, fálanos de pintura, ten un narrador-protagonista do
que non se coñece o nome, cal será a razón, fálanos de Adeline e de moitas
outras cousas...
Aos alumnos de 1º ESO suxerímoslles o relato de misterio DEZ NEGRIÑOS de Agatha Christie: dez persoas son invitadas a pasar unha fin de semana a unha illa, pero, cuando chegan, o anfitrión non está e o único que atopan é unha cinta gravada sobre un asasinato e os seus posibles sospeitosos. Merece a pena saber como remata esta intrigante obra...
Os alumnos de 4º ESO lerán este trimestre un relato de amor que percorre a
historia social e política de Portugal a través de varias xeracións de
personaxes...
Comentarios
Publicar un comentario