Publicacións populares deste blog
OS AVENTUREIROS... Na torre da princesa
Lemos durante o primeiro trimestre unha historia d’ Os aventureiros de Isabel Ricardo. Pareceunos unha historia moi interesante que te transporta a un mundo do século XII, coa espada de D. Afonso Henriques como elemento central do misterio que descobren os aventureiros. Daniel, Bia, Cris, Tó Ju xunto co corvo João, acompañados por Miguel, pai de Bia e Cris, viven unha aventura en Bragança con moitos sobresaltos e algún perigo, pero finalmente conseguen que se prenda os ladróns. Hai partes que son lentas, sobre todo nos primeiros capítulos mentres fan a viaxe ata Bragança, pois van parando en sitios e explicando a historia deles, pero é un libro recomendable se che gustan as historias de aventuras protagonizadas por adolescentes. Mantén a intriga de quen serán os ladróns ata o final e tamén de como se vai resolver todo o caso. Andrea Caramés, Paola Torrado e Miguel González
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarA pesar de que tiña un léxico un pouco complicado de entender, pareceume unha historia moi interesante, non so pola hiatoria de amor de Filipa e Dinís, senon tamén polo contexto histórico no que se desenvolve.
ResponderEliminarTen un lexico moi complicado pero merece a pena lelo pola historia tan bonita que narra,Contexto historico:portugal durante a dictura de Salazar.Baseada en varias xeracion dunha mesma familia.
ResponderEliminarNa miña opinión o problema mais grande da obra non é o léxico senón a historia supoño que a min non me parece boa debido a que prefiro os comics de acción
ResponderEliminar