Publicacións

Club de lectura de Ciencias

Imaxe
Ponse en marcha un novo club de lectura de temática científica en 3º de ESO, coa colaboración do profesorado de Ciencias. Un grupo de alumnas e de alumnos fíxeron unha escolla de libros entre os seguintes títulos: Bechos e demais parentes e A miña familia e outros animais , Gerald Durrell La puerta de los tres cerrojos e Quantic-Love , Sonia Fernández- Vidal Ameaza na Antártida e O futuro roubado , Ramón Caride Por qué la nieve es blanca? , Javier Fernández Panadero 101 grandes experimentos. La ciencia paso a paso , Neal Ardley Expedición ao Pacífico , Marilar Aleixandre Amalur. Del átomo a la mente , Ignacio Martínez e Juan Luis Arsuaga Terra. Aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo , Xurxo Mariño La detective del ADN , Tanya Lloyd Kyi El manual del investigador científico , Massimo Micozzi

Recomendacións no Nadal

Imaxe
Neste PDF .

CLUB DE LECTURA DE 2º DE ESO

Imaxe
Comezamos o 5 de novembro coa primeira reunión do club de lectura de 2º de ESO e xa nos identificamos con Susiño, o protagonista da novela  O bestiario científico de Anxos Nogueirosa . Deixamos a Suso só na estación de Betanzos para coller o tren que vai á Coruña e ficamos preocupados e preocupadas polo que lle sucederá no seu novo destino... A próxima cita está fixada para o primeiro recreo do 10 de decembro. Daquela comentaremos como lle vai a vida ao protagonista e coñeceremos algúns dos marabillosos seres do  bestiario científico de Anxos Nogueirosa.

CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO

Imaxe
Arrincamos , un curso máis, co club de lectura do profesorado. Agora, coa incorporación de seiva nova, compañeiros e compañeiras aos que lles damos a benvida e cos que nos encanta compartir os praceres da literatura. Comezamos, na nosa primeira reunión, partillando opinións e sensacións sobre a novela Me Quedo aquí, do escritor italiano Marco Balzano, para continuar, saltando no espazo e no tempo, mergullándonos no Carrusel da escritora galega Berta Dávila, que comentaremos na seguinte sesión.   A novela de Balzano conmoveunos, lembrounos o noso pasado e permitiunos gozar da forza e sinxeleza dunhas personaxes femininas asombrosas. Deixamos agora algunhas propostas para continuarmos o noso percorrido literario nos vindeiros meses:

O curioso incidente do can a medianoite

Imaxe
Esta novela de Mark  Haddon é a primeira obra escollida polo Club de 1 ESO. Christopher é un mozo con síndrome de Asperger, o que lle limita as habilidades sociais, a pesar da súa intelixencia. Unha noite é o primeiro en descubrir que Wellington, o can da veciña, foi asasinado. E a súa paixón polas novelas de detectives lévao a iniciar unha investigación para atopar o culpable. Ao tempo que fai pescudas, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará misterios familiares que van alterar a súa vida. O libro está escrito a xeito de diario, de modo que o narrador adopta o particular punto de vista de Christopher, inzándoo das súas peculiares interpretacións. Combínanse episodios que amosan a sagacidade do protagonista con outros nos que se esforza por comprender claves elementais na interacción social, como poden ser as expresións do rostro ou a ironía. Consegue deste xeito que medre a nosa empatía cara a este rapaz tan especial. A crítica tamén ten sinalado como punt...

Enquisa inicial do Club de lectura de 1º ESO

Imaxe
Cuestións para a toma de decisións no Club de 1º ESO, integrado por vinte alumnos/as. Cargando…

VISITA A VENTÍN

Imaxe
O alumnado dos Clubs de Lectura de 1º, 2º e 3º E.S.O. visitou o C.E.I.P. de Ventín e realizou lecturas de poesía e teatro nos grupos de 5º e 6º de E. Primaria. Acompañaron ao grupo duas das profesoras dinamizadoras dos Clubs, Diana Rúa e Margarita Rodríguez. A actividade resultou moi emotiva e motivadora polo reencontro con antiguo profesorado e compañeiros e compañeiras. Entre os textos leídos: fragmentos de Rebeldes (Susan E. Hinton) e de La Ternura (Alfredo Sanzol), poemas de Carlos Negro, Antonio García Teijeiro, Berta Dávila, Defreds, Yolanda Castaño, Patricia Benito, Iago de la Campa, Miguel Gane e Irene G Punto. Preparando a visita Preparando a visita Ventín