CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO




Arrincamos , un curso máis, co club de lectura do profesorado. Agora, coa incorporación de seiva nova, compañeiros e compañeiras aos que lles damos a benvida e cos que nos encanta compartir os praceres da literatura.
Comezamos, na nosa primeira reunión, partillando opinións e sensacións sobre a novela Me Quedo aquí, do escritor italiano Marco Balzano, para continuar, saltando no espazo e no tempo, mergullándonos no Carrusel da escritora galega Berta Dávila, que comentaremos na seguinte sesión.

 

A novela de Balzano conmoveunos, lembrounos o noso pasado e permitiunos gozar da forza e sinxeleza dunhas personaxes femininas asombrosas.
Deixamos agora algunhas propostas para continuarmos o noso percorrido literario nos vindeiros meses:


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pepetela: A montanha da água lilás