Publicacións

CLUB DE LECTURA DE 2º DE ESO

Imaxe
Comezamos o 5 de novembro coa primeira reunión do club de lectura de 2º de ESO e xa nos identificamos con Susiño, o protagonista da novela  O bestiario científico de Anxos Nogueirosa . Deixamos a Suso só na estación de Betanzos para coller o tren que vai á Coruña e ficamos preocupados e preocupadas polo que lle sucederá no seu novo destino... A próxima cita está fixada para o primeiro recreo do 10 de decembro. Daquela comentaremos como lle vai a vida ao protagonista e coñeceremos algúns dos marabillosos seres do  bestiario científico de Anxos Nogueirosa.

CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO

Imaxe
Arrincamos , un curso máis, co club de lectura do profesorado. Agora, coa incorporación de seiva nova, compañeiros e compañeiras aos que lles damos a benvida e cos que nos encanta compartir os praceres da literatura. Comezamos, na nosa primeira reunión, partillando opinións e sensacións sobre a novela Me Quedo aquí, do escritor italiano Marco Balzano, para continuar, saltando no espazo e no tempo, mergullándonos no Carrusel da escritora galega Berta Dávila, que comentaremos na seguinte sesión.   A novela de Balzano conmoveunos, lembrounos o noso pasado e permitiunos gozar da forza e sinxeleza dunhas personaxes femininas asombrosas. Deixamos agora algunhas propostas para continuarmos o noso percorrido literario nos vindeiros meses:

O curioso incidente do can a medianoite

Imaxe
Esta novela de Mark  Haddon é a primeira obra escollida polo Club de 1 ESO. Christopher é un mozo con síndrome de Asperger, o que lle limita as habilidades sociais, a pesar da súa intelixencia. Unha noite é o primeiro en descubrir que Wellington, o can da veciña, foi asasinado. E a súa paixón polas novelas de detectives lévao a iniciar unha investigación para atopar o culpable. Ao tempo que fai pescudas, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará misterios familiares que van alterar a súa vida. O libro está escrito a xeito de diario, de modo que o narrador adopta o particular punto de vista de Christopher, inzándoo das súas peculiares interpretacións. Combínanse episodios que amosan a sagacidade do protagonista con outros nos que se esforza por comprender claves elementais na interacción social, como poden ser as expresións do rostro ou a ironía. Consegue deste xeito que medre a nosa empatía cara a este rapaz tan especial. A crítica tamén ten sinalado como punt...

Enquisa inicial do Club de lectura de 1º ESO

Imaxe
Cuestións para a toma de decisións no Club de 1º ESO, integrado por vinte alumnos/as. Cargando…

VISITA A VENTÍN

Imaxe
O alumnado dos Clubs de Lectura de 1º, 2º e 3º E.S.O. visitou o C.E.I.P. de Ventín e realizou lecturas de poesía e teatro nos grupos de 5º e 6º de E. Primaria. Acompañaron ao grupo duas das profesoras dinamizadoras dos Clubs, Diana Rúa e Margarita Rodríguez. A actividade resultou moi emotiva e motivadora polo reencontro con antiguo profesorado e compañeiros e compañeiras. Entre os textos leídos: fragmentos de Rebeldes (Susan E. Hinton) e de La Ternura (Alfredo Sanzol), poemas de Carlos Negro, Antonio García Teijeiro, Berta Dávila, Defreds, Yolanda Castaño, Patricia Benito, Iago de la Campa, Miguel Gane e Irene G Punto. Preparando a visita Preparando a visita Ventín

CLUB 3º E.S.O.

Imaxe
Club de 3º de ESO Este club, dinamizado pola  profesora de Lingua e Literatura Española, Dna. Cristalina  Rodríguez reunese con certa periodicidade e nestes momentos leen "La Ternura"

CLUB 1º E.S.O.

Imaxe
O club de 1º E.S.O. coordinado pola profesora de Lingua e Literatura española, Dona Diana Rúa escolle Rebeldes de Susan Hinton, para compartir lectura e opinións. O grupo participa en reunións periódicas como a aque aparece na foto abaixo.