Publicacións

O curioso incidente do can a medianoite

Imaxe
Esta novela de Mark  Haddon é a primeira obra escollida polo Club de 1 ESO. Christopher é un mozo con síndrome de Asperger, o que lle limita as habilidades sociais, a pesar da súa intelixencia. Unha noite é o primeiro en descubrir que Wellington, o can da veciña, foi asasinado. E a súa paixón polas novelas de detectives lévao a iniciar unha investigación para atopar o culpable. Ao tempo que fai pescudas, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará misterios familiares que van alterar a súa vida. O libro está escrito a xeito de diario, de modo que o narrador adopta o particular punto de vista de Christopher, inzándoo das súas peculiares interpretacións. Combínanse episodios que amosan a sagacidade do protagonista con outros nos que se esforza por comprender claves elementais na interacción social, como poden ser as expresións do rostro ou a ironía. Consegue deste xeito que medre a nosa empatía cara a este rapaz tan especial. A crítica tamén ten sinalado como punt...

Enquisa inicial do Club de lectura de 1º ESO

Imaxe
Cuestións para a toma de decisións no Club de 1º ESO, integrado por vinte alumnos/as. Cargando…

VISITA A VENTÍN

Imaxe
O alumnado dos Clubs de Lectura de 1º, 2º e 3º E.S.O. visitou o C.E.I.P. de Ventín e realizou lecturas de poesía e teatro nos grupos de 5º e 6º de E. Primaria. Acompañaron ao grupo duas das profesoras dinamizadoras dos Clubs, Diana Rúa e Margarita Rodríguez. A actividade resultou moi emotiva e motivadora polo reencontro con antiguo profesorado e compañeiros e compañeiras. Entre os textos leídos: fragmentos de Rebeldes (Susan E. Hinton) e de La Ternura (Alfredo Sanzol), poemas de Carlos Negro, Antonio García Teijeiro, Berta Dávila, Defreds, Yolanda Castaño, Patricia Benito, Iago de la Campa, Miguel Gane e Irene G Punto. Preparando a visita Preparando a visita Ventín

CLUB 3º E.S.O.

Imaxe
Club de 3º de ESO Este club, dinamizado pola  profesora de Lingua e Literatura Española, Dna. Cristalina  Rodríguez reunese con certa periodicidade e nestes momentos leen "La Ternura"

CLUB 1º E.S.O.

Imaxe
O club de 1º E.S.O. coordinado pola profesora de Lingua e Literatura española, Dona Diana Rúa escolle Rebeldes de Susan Hinton, para compartir lectura e opinións. O grupo participa en reunións periódicas como a aque aparece na foto abaixo.  

CLUB 2º E.S.O.

Imaxe
Autora: Nuria Díaz   POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 18-19,  invitando a descubrir a poesía que nos rodea. O club de 2º curso de E.S.O., coordinado polas profesoras Dona Cristalina Rodríguez e Dona Margarita Rodríguez, enmarca as súas lecturas no devandito lema. Para comezar escolleron varios poemas que comentan nas reunións que celebran periódicamente: Street Poems , Fran Alonso A pel do mundo , Berta Dávila Aplicación instantánea , Carlos Negro Petando nas portas de Dylan , Antonio García Teijeiro Centoonce , Quico Neves Todo isto antes era noite , Lucía Aldao Con un cassette e un boli bic , Defreds O cuarto das abellas , Antía Otero Poemar o mar , Antonio García Teijeiro Cidades , Fran Alonso   Moda galega reloaded , María Reimóndez Oso mamá si , María Lado ...

CLUBS 18-19

Imaxe
 Un ano máis contamos con máis de 60 persoas inscritas nos clubs de lectura. Alumnado de todos os cursos da ESO e  1º de Bacharelato que forman parte de algún dos clubs dinamizados por profesorado voluntario ( Maruxa Fernández Rivas, Diana Rúa, Cristalina Os diferentes clubs celebran teñen reunións periódicas das que daremos conta no noso blog.