Publicacións

Club de lectura de manga dinamizado por Hugo López

Imaxe
Ao longo dos dous primeiros trimestres Hugo López, alumno de 3º de ESO, dinamizou un club de manga .  Este club prantexouse como un tempo de esparcimento no que   un grupo de alumnos e alumnas de varios niveis -desde 2º de ESO ata 2º de Bacharelato-  elixiron un cómic entre os propostos polo dinamizador ou por algún dos participantes, e nas reunións posteriores durante os recreos e algúns mércores pola tarde comentaron a lectura, intercambiaron valoracións e descubriron novos “mangakas”, é dicir, novos escritores ou debuxantes de manga. O club reuníuse cunha periodicidade quincenal.

Caleidoscopio de Carmen Quinteiro - Club de lectura de 3ºESO

Imaxe
Nueva lectura de 3º ESO, Caleidoscopio de Carmen Quinteiro. Poemas y microcuentos creados por unha viajera, como se autodenomina la propia autora, cargada de sensibilidad, con los que quiere ayudarnos a viajar por la complejidad de nuestras emociones, múltiples, cambiantes, caleidoscópicas en fin… Un viaje personal que ya han emprendido las alumnas/os de este grupo en dos sesiones diferentes.  Os dejamos algunas muestras de sus poemas: “Voy a tratar de olvidarte. Vuelvo enseguida” “Vendo un catorce de febrero sin estrenar” “Lo difícil no es hacer el amor contigo. Lo difícil es deshacerlo” “Seamos viento: la vida cambia sin avisar”.   Y este otro: “No perdamos la perspectiva: somos maravillosamente imperfectos”.

La lección de August - Clube de lectura 1ºESO

Imaxe
Nun dos clubs de lectura de 1.º ESO estamos a ler La lección de August , unha novela de R. J. Palacio que desde a súa publicación non deixa de sumar lectores e recoñecementos. A novela cóntanos a historia de August, un rapaz cun rostro que o fai distinto, aínda que el só desexa ser un máis. Camiña sempre mirando ao chan, coa cabeza baixa, tratando en balde de agachar a súa cara; pero, aínda así, é obxecto de miradas furtivas, murmurios e expresións de abraio. August sae pouco, a súa vida transcorre entre as acolledoras paredes da súa casa, entre a compaña da súa familia, da súa cadela Daisy e as incribles historias de La Guerra de las Galaxias . Pero este ano todo vai mudar, porque vai ir á escola por primeira vez. Alí aprenderá a lección máis importante da súa vida, a que non se ensina nas aulas nin nos libros de texto: crecer na adversidade, aceptarse como é, sorrir nos días grises e saber que, ao final, sempre ha encontrar unha man amiga. Nunha sesión do club, acompañáronnos ...

REUNIÓN DEL CLUB DE LECTURA DE 1ºESO C

Imaxe
El martes 29 de marzo la Biblioteca acogió por la tarde a algunos de los miembros del club de lectura de 1ESO C. Charlamos sobre la obra leída, Rebeldes  de S. H. Hinton , y preparamos las lecturas para la visita a la Biblioteca del CEIP de Ventín que realizaremos en breve. Después, empezamos a ver la adaptación cinematográfica del libro, a cargo del director Francis F. Coppola  Lo tuvimos que dejar en lo más emocionante, pero esperamos seguir el próximo miércoles.  

Instrucións para tomar café e Laura no deserto - Clube do profesorado

Imaxe
Instrucións para tomar café O pasado decembro convocamos o clube de profes, que iniciou a súa andaina cun ameno libro de Manuel Núñez Singala : Instrucións para tomar café (Galaxia, 2014) . Trátase dunha serie de reflexións, que no seu conxunto poderiamos subtitular coma “Usos e costumes dos galegos”. Cunha grande agudeza e humor galaico, o autor, bo coñecedor do noso comportamento en sociedade (cando nos invitan, cando falamos do tempo, cando nos falan das marabillas do noso país, etc.), reflicte, por medio de agudos diálogos, situacións coas que nos sentiremos identificados. Laura no deserto Prosiguen as reunións do clube de profes, esta vez cunha novela de Antón Riveiro Coello : Laura no deserto (Galaxia, 2011).  Nesta ocasión, eliximos unha obra complexa con distintas perspectivas; espazos tan diferentes como Barcelona, New York, un campo de concentración nazi ou o Caramiñal; personaxes que coinciden en momentos intensos da n...