Publicacións

ENCONTRO DO CLUB DE 3º ESO CO AUTOR RAMÓN CARIDE, FLASH-BLACK 13

Imaxe
Flash-black 13 , último libro do autor Ramón Caride, é, como  leva implícito o seu título, unha volta atrás, negra e inquedante, na que o “maleficio” do número 13 está moi presente; está estruturada en 13 relatos, a piques estivo de se publicar no ano 13,  13 alumnos asistiron á reunión co autor este martes, aínda que non era martes 13... Breves relatos plagados de personaxes e situacións urbanas nos que  a fantasía é o elemento esencial, unha fantasía en clave científica e tecnolóxica que pretende ser telón de fondo da crítica ou reflexión sobre certos aspectos da nosa realidade social, aspectos incómodos ao autor, como a violencia, o racismo, a opresión, a desigualdade, a regresión nos dereitos civís… A  ciencia convértese así nestes relatos do cotiá na maxia creadora de atmosferas desacougantes e se transforma nun instrumento para mirar con precisión a realidade que nos afecta a diario. Grazas pola túa visita!!! ...

O CLUB DE 4º ESO E A OBRA MAESTRA DE KRESSMANN TAYLOR, ENDEREZO DESCOÑECIDO

Imaxe
Os alumnos de 4º ESO cumpriron un venres máis co seu club de lectura, esta vez para falar de Enderezo descoñecido , unha obra que parece que non decepcionou e que, dende logo, provocou bastante debate e  reflexión sobre as razóns de que unha profunda e longa amizade poida esvaecerse por mor de diferenzas ideóloxicas...  As causas do ascenso ao goberno alemán do nacionalsocialismo no ano 1933, que os alumnos de 4º coñecen porque acaban de estudalas en Ciencias Sociais,  a reflexión sobre se alguén se podía sustraer a formar parte do réxime nazi sen consecuencias nefastas para a súa familia, como unha simple carta se pode converter nunha implacable vinganza, as bases reais do relato, o seu éxito literario en toda Europa e o recoñecemento desta obra de ficción como a denuncia máis efectiva e contundente contra o nazismo, foron algúns dos temas que suscitaron máis interese e, por suposto, agradecemos a Naír e a Natalia a súa interpretación persoal de por que a autora ...

CARTAS DE INVERNO Banda Deseñada

Imaxe
A LECTURA CON “CATRO OLLOS” Catro ollos foron os que fixeron falta para enfrontarse á lectura da banda deseñada de Cartas de inverno . Non decepcionou e, lonxe de resolver as dúbidas   que a novela lida previamente suscitara en todos nós, deixounos un fondo de incertidume e un pouso de misterio aínda maiores. E non só iso, pois descubrimos que o cómic abre todo un novo universo de sensacións e que resulta necesario miralo e remiralo, con catro ollos ou máis! Aprendemos algo da súa linguaxe: por exemplo, que a lembranza de cousas pasadas se plasma nos tons ocre das viñetas; que as imaxes terroríficas do gravado da nena misteriosa só poden ser en branco e negro; e que a casa enmeigada co seu gran torreón aínda pode ser máis tenebrosa cun ceo de fondo ateigado de nubes de tormenta que evocan forzas sobrenaturais vidas do alén dos tempos para levar os protagonistas a un tráxico desenlace… Vaia, que descubrimos o valor da imaxe, a súa forza. Sorprendéronnos, tamén, os rost...

GUÍA DE LECTURAS DE VERÁN do IES PLURILINGÜE DE AMES E DO IES DO MILLADOIRO

FELIZ DÍA DO LIBRO

Imaxe

AVELAÍÑAS TEATRO NO CLUB DE LECTURA DE 2º e 3º ESO

Imaxe
O martes 14 de abril a aula de teatro AVELAÍÑAS TEATRO do IES Antón Losada de A Estrada representou no noso centro a obra de teatro escolar GORENTOSADAS á que acudiron alumnos de  2º e 3º ESO dos clubs de lectura.  Representaron unha obra coral coa que nos fixeron reflexionar sobre temas e valores como a CULTURA DA PAZ, O RESPECTO POLO MEDIO AMBIENTE, A SOLIDARIEDADE, a integración das persoas con necesidades educativas específicas, a violencia, o poder dos medios de comunicación, os contidos da publicidade e o papel da muller na sociedade actual. Aquí temos unha pequena mostra da súa actuación:

Paroles, Jacques Prévert

Imaxe
O numeroso grupo do club de lectura de Francés de 4º da ESO, tras ler varios capítulos que xa mencionamos neste blogue de L’Africain de Le Clézio,  tivo ao longo do mes de xaneiro tres sesións de poesía seguindo a petición dun alumno de francés. A elección de poesía que fixeron foi a obra de Jacques Prévert por resultar máis accesible para os alumnos deste nivel. Na primeira sesión falouse dos distintos xéneros e sobre as preferencias de cada membro do club, convindo en que todos, profesora incluída, lera máis textos narrativos que poéticos, polo cal considerouse que ésta era unha boa oportunidade para explorar o sendeiro da poesía, até o de agora menos coñecido para todos, decatándonose de antemán de que é un xénero de maior dificultade e, sobre todo, se o reto se plantea nunha lingua estranxeira. Na segunda sesión realizouse unha lectura de poemas en galego e en castelán, seleccionados polos propios alumnos e alumnas. E por fin, na terceira sesión, léronse a v...