ENCONTRO DO CLUB DE 3º ESO CO AUTOR RAMÓN CARIDE, FLASH-BLACK 13

Flash-black 13, último libro do autor Ramón Caride, é, como  leva implícito o seu título, unha volta atrás, negra e inquedante, na que o “maleficio” do número 13 está moi presente; está estruturada en 13 relatos, a piques estivo de se publicar no ano 13,  13 alumnos asistiron á reunión co autor este martes, aínda que non era martes 13...

Breves relatos plagados de personaxes e situacións urbanas nos que  a fantasía é o elemento esencial, unha fantasía en clave científica e tecnolóxica que pretende ser telón de fondo da crítica ou reflexión sobre certos aspectos da nosa realidade social, aspectos incómodos ao autor, como a violencia, o racismo, a opresión, a desigualdade, a regresión nos dereitos civís… A  ciencia convértese así nestes relatos do cotiá na maxia creadora de atmosferas desacougantes e se transforma nun instrumento para mirar con precisión a realidade que nos afecta a diario.

Grazas pola túa visita!!!















Comentarios

Publicacións populares deste blog

Pepetela: A montanha da água lilás