A illa de San Simón e Noite de voraces sombras
Noite de voraces
sombras,
Agustín Fernández Paz no club de 3º ESO.
O amor, o amor que non foi posible por mor da
guerra. O misterio e a intriga arredor dun pasado do que aínda hai moito que
coñecer e aprender. A lectura como elemento central da vida cotiá dos principais
personaxes da obra e a literatura como un medio para perpetuar a memoria da
nosa historia más recente. Unha historia, a do tío Moncho apresado durante
moitos anos na illa de San Simón, dentro doutra historia, a historia de Sara, protagonista
da obra, quen conducida pola súa intuición indaga nos segredos familiares,
dando lugar así a unha viaxe iniciática que lle descobre a súa identidade e que a transformará para
sempre.
Cada xoves durante un mes o alumnado de 3º
ESO foi debullando estes temas, e outros, arredor da obra de Agustín
Fernández Paz. O roteiro guiado pola illa de San Simón e o encontro co club de lectura
do IES de Poio axudounos a indagar, como se fósemos a mesma Sara, e a coñecer de
primeira de man o lugar no que transcorre a historia deste mestre republicano.
Comentarios
Publicar un comentario