Publicacións

Reunións do Club de Ciencias

Imaxe
No final do 1º trimestre formouse un novo club de lectura de temática científica coa colaboración do Equipo de biblioteca e do Departamento de ciencias. Realizáronse varias reunións durante os meses de xaneiro e febreiro. Día internacional da muller e da nena na ciencia Durante a semana do 10 ao 15 de febreiro levamos a cabo na biblioteca algunas actividades para conmemorar esta data. Comezamos cunha exposición de lecturas que teñen como protagonistas as mulleres científicas, biografías, ensaios, etc. Reuniuse tamén o club científico para falar dos últimos libros lidos e doutros por ler, como Neurociencia para Julia, Mi familia y otros animales, Física cuántica con un gato zombi, El manual del investigador científico, O futuro roubado, Bichos y demás parientes, Endogamia 0.2, Todo es cuestión de química, Terra , etc.

Xuntanza do Club de 1º ESO

Imaxe
Reunión para ampliar os intercambios ao redor da novela Todos somos , de Marcos Calveiro.

Reunión do club de 2º de ESO

Imaxe
Reunión do club de 2º de ESO arredor do Bestiario científico , de Anxos Nogueirosa.

Lectura do Club de 1º ESO no 2º trimestre

Imaxe
Presentación editorial

Club de lectura de Ciencias

Imaxe
Ponse en marcha un novo club de lectura de temática científica en 3º de ESO, coa colaboración do profesorado de Ciencias. Un grupo de alumnas e de alumnos fíxeron unha escolla de libros entre os seguintes títulos: Bechos e demais parentes e A miña familia e outros animais , Gerald Durrell La puerta de los tres cerrojos e Quantic-Love , Sonia Fernández- Vidal Ameaza na Antártida e O futuro roubado , Ramón Caride Por qué la nieve es blanca? , Javier Fernández Panadero 101 grandes experimentos. La ciencia paso a paso , Neal Ardley Expedición ao Pacífico , Marilar Aleixandre Amalur. Del átomo a la mente , Ignacio Martínez e Juan Luis Arsuaga Terra. Aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo , Xurxo Mariño La detective del ADN , Tanya Lloyd Kyi El manual del investigador científico , Massimo Micozzi

Recomendacións no Nadal

Imaxe
Neste PDF .

CLUB DE LECTURA DE 2º DE ESO

Imaxe
Comezamos o 5 de novembro coa primeira reunión do club de lectura de 2º de ESO e xa nos identificamos con Susiño, o protagonista da novela  O bestiario científico de Anxos Nogueirosa . Deixamos a Suso só na estación de Betanzos para coller o tren que vai á Coruña e ficamos preocupados e preocupadas polo que lle sucederá no seu novo destino... A próxima cita está fixada para o primeiro recreo do 10 de decembro. Daquela comentaremos como lle vai a vida ao protagonista e coñeceremos algúns dos marabillosos seres do  bestiario científico de Anxos Nogueirosa.