Publicacións

O señor Ibrahim e as flores do Corán no club de 4º ESO A

Imaxe
O club de lectura de 4º ESO A comezou as sesión deste ano comentando O señor Ibrahim e as flores do Corán , de Eric-Emmanuel Schmitt. Unha fermosa historia sobre a amizade e a esperanza que condensa en tan só sesenta páxinas unha enorme sabedoría. Animámosvos a que a leades.

Iniciamos o club do profesorado. Del color de la leche. Nell Leyshon

Imaxe
  Del color de la leche , de Nell Leyshon , é unha novela curta que concentra a súa narración nun pequeno universo, unha   comunidade rural da Inglaterra de 1831, e nunha protagonista cuxa existencia cambia radicalmente cando aprende a escribir. A autora achéganos a unha historia conmovedora, contada en primeira persoa coa linguaxe rudimentaria dunha rapaza que está aprendendo a ler e escribir. Sorprende a naturalidade e a honestidade coa que a súa protagonista, unha campesina de quince anos, se enfronta á brutalidade que a rodea.

Algo estase preparando no IES do Milladoiro...

Imaxe
A princesa Lía... E ti, les?  Adéntrate nun mundo de fantasía participando nos clubes de lectura do noso IES.  Proximamente nas vosas aulas... 

MEMORIA DO CLUB DE LECTURA CURSO 16-17

"Da fría e distante estrela polar" ao Milladoiro

Imaxe
Rematamos as sesións do Club de Lectura de 4º de ESO cun produtivo e moi agradable encontro co escritor, editor e tradutor  Tomás González Ahola . Dun xeito moi didáctico Tomás axudounos a interpretar algunhas claves sobre  Da fría e distante estrela polar,  ademais de compartir con nós experiencias moi interesantes. Guiados por el e pola súa obra exploramos remotas paisaxes finlandesas, coñecemos mundos oníricos, soubemos do mito do Pai Nadal malévolo , do poema épico finlandés  Kalevala  e aprendemos a recoñecer o monstro indefinido que todos e todas levamos dentro. Tomás sorprendeunos co final da novela e estimulounos a crear redes de libros. Todo un pracer.