Publicacións

RECOMENDACIÓNS POR CURSOS

Publish at Calameo or read more publications .

"O pintor do sombreiro de malvas", Marcos Calveiro

Imaxe
Unha das recomendacións da biblioteca para a nosa primeira andaina é a obra de Marcos Calveiro “ O pintor do sombreiro de malvas ”. Para entender mellor esta obra recomendámosche que prestes atención ao seguinte vídeo e trates de relacionar con fragmentos da obra algunhas das súas imaxes e algunhas palabras da canción que contén:

Unha páxina excelente sobre banda deseñada

Imaxe
Excelente páxina con referencias de Banda Deseñada, realizada desde a biblioteca “A Marela Tarabela” do IES Ramón María Aller Ulloa (Lalín, Pontevedra). Cada unha das referencias conta cunha ficha editorial e algunhas conteñen outras informacións. Pódense facer buscas por “etiqueta” e atopar títulos que son adaptacións de textos narrativos, aventuras, banda deseñada, banda deseñada galega, biografías, ciencia ficción, costumismo, crónica BD, denuncia e crítica, detectives, divulgación científica, economía, fantasía épica, filosofía, heroínas, histórica, humor, manga, etc. Unha ferramenta máis para adentrarse no mundo do cómic e a novela gráfica.

Purga, de Sofi Oksanen

Imaxe
Unha das mellores obras publicadas pola editorial galega RINOCERONTE. Obra que non deixa indiferente a ninguén e que cumpre todas as expectativas dunha grande obra. Contamos con ela na nosa biblioteca, anímate a botarlle unha ollada.

INICIAMOS A NOSA ANDAINA

ANÍMATE A LER  E PARTICIPA NO CLUBE DE LECTURA DO TEU CENTRO Queremos ter en conta as túas preferencias temáticas... Gústache a literatura xuvenil ?... ou prefires as novelas de   aventuras , os cómics ou os libros de viaxes? TAMÉN caberán nos nosos encontros as novelas de  intriga ou  terror.. Reunirémonos unha vez ao mes nun espazo da túa biblioteca ou nunha aula pequena na que poidamos dinamizar o noso encontro ou con música axeitada á lectura ou con imaxes relacionadas coa lectura proxectadas nun canón.  Tamén teremos en conta as vosas preferencias audiovisuais e poderemos ver unha película para logo comentarela...