Publicacións

Saída dos clubs de lectura e club de ciencias

Imaxe
Os clubs de lectura despedimos este curso cunha saída por Santiago de Compostela. Visitamos as exposicións "Da semente á árbore", "Outras historias posibles" e "Tesouros reais" na Cidade da Cultura e camiñamos ata o casco vello da cidade facendo un tramo da ruta do Sar. Paseamos por rúas e prazas e entramos nalgunhas librarías da zona. Rematamos a xornada na biblioteca Ánxel Casal tomando nota dalgúns títulos para posibles lecturas de verán.

Actividade do club de 1º ESO no colexio de Ventín

Imaxe
Hoxe o club de lectura de 1º da ESO, xunto coa rapazada da radio de Dinamización Lingüística, visitamos o alumnado de 5º de primaria do cole de Ventín para ler con eles e elas as historias de banda deseñada de Microalgas. Foi unha xornada divertida e tivemos tempo de saudar a profes e amigos/as do noso antigo colexio.  

Obradoiro de Xulia Pisón

Imaxe
Este luns 13 de maio os integrantes dos diferentes clubs de lectura do instituto tivemos a sorte de recibir no centro a Xulia Pisón, que nos falou da súa historia persoal e como escribiu e debuxou as tres partes de Microalgas . Púxonos a debuxar a nós tamén e creamos os nosos propios personaxes e historias dunhas poucas viñetas. Foi unha sesión moi interesante. Grazas a todas e todos por participar.

Mural a partir da lectura

Imaxe
 O Club de 3º ESO Fondo da biblio elaborou un mural no que conecta a obra lida, Ruído , de Miguel Anxo Murado, coa realidade que vivimos e con outras propostas de lectura.

Abano de lecturas

Imaxe
  Nesta pasada segunda avaliación e no comenzo desta terceira, os clubs de lectura estivemos ocupados con algunhas lecturas ben interesantes, que nos gustaría compartir con vós.   O club de lectura científica decidiuse pola banda deseñada despois de probar coa ciencia ficción. Estivemos a ler a vida das primatólogas Jane Goodall, Dian Fossey e Biruté Galdikas en “Primates”, de Jim Ottaviani e Maris Wicks, e pasamos ás aventuras de Spirulina en “Microalgas”, de Xulia Pisón. Estamos a comezar agora coa divulgación científica con “La química de lo bello”, de Déborah García Bello.   O club de lectura de 1º da ESO pasou dos relatos de terror á banda deseñada e xa imos coa terceira parte da serie de “Microalgas” de Xulia Pisón. Esperamos a visita da autora para falarnos da súa obra e realizar un obradoiro de debuxo para o mes de maio.   O club de lectura de portugués tamén se decidiu pola banda deseñada cunha adaptación do romance de José Saramago “A viagem do elefante”.

E mais un temático

Imaxe
Abrimos un novo club de lectura con alumnado de 3º ESO centrado nas consecuencias do belicismo, na confrontación das guerras e xenocidios e mais nas vías do pacifismo. A primeira lectura, dun nivel unha miga superior mais que debullaremos grupalmente, é Ruído. Relatos de guerra , de Miguel Anxo Murado. Trece historias que reflicten a dureza dunha guerra nada distante. Un booktrailer do IES de Ribadeo:

Clubs de lectura neste curso 23-24

Imaxe
Xa están funcionando os clubs de lectura deste curso con escollas ben interesantes! O club de 1º da ESO comezou con lecturas de medo nos recreos, o de segundo ciclo da ESO escolleu “Flores de ferro” de María Rei Vilas, o club de portugués está a ler “Benvidos ao Sul”, de Marianne Kaurin, no club de ciencia decidímonos por “Un feliz mundo novo”, de Aldous Huxley, e o club de profesores e profesoras estamos a ler “Faneca brava”, de Manuel Portas.