Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Club Profesorado

Abano de lecturas

Imaxe
  Nesta pasada segunda avaliación e no comenzo desta terceira, os clubs de lectura estivemos ocupados con algunhas lecturas ben interesantes, que nos gustaría compartir con vós.   O club de lectura científica decidiuse pola banda deseñada despois de probar coa ciencia ficción. Estivemos a ler a vida das primatólogas Jane Goodall, Dian Fossey e Biruté Galdikas en “Primates”, de Jim Ottaviani e Maris Wicks, e pasamos ás aventuras de Spirulina en “Microalgas”, de Xulia Pisón. Estamos a comezar agora coa divulgación científica con “La química de lo bello”, de Déborah García Bello.   O club de lectura de 1º da ESO pasou dos relatos de terror á banda deseñada e xa imos coa terceira parte da serie de “Microalgas” de Xulia Pisón. Esperamos a visita da autora para falarnos da súa obra e realizar un obradoiro de debuxo para o mes de maio.   O club de lectura de portugués tamén se decidiu pola banda deseñada cunha adaptación do romance de José Saramago “A vi...

Clubs de lectura neste curso 23-24

Imaxe
Xa están funcionando os clubs de lectura deste curso con escollas ben interesantes! O club de 1º da ESO comezou con lecturas de medo nos recreos, o de segundo ciclo da ESO escolleu “Flores de ferro” de María Rei Vilas, o club de portugués está a ler “Benvidos ao Sul”, de Marianne Kaurin, no club de ciencia decidímonos por “Un feliz mundo novo”, de Aldous Huxley, e o club de profesores e profesoras estamos a ler “Faneca brava”, de Manuel Portas.  

Madres e hijos, de Theodor Kallifatides

Imaxe
  As vivencias do autor, de nacionalidade grega, veñen marcadas polo exilio en Suecia, país onde reside desde hai máis de catro décadas. A visita á súa nai é o fío que nos conduce á vida da súa familia ao longo do século XX. Mestura de recordos da súa infancia e adolescencia, de escenas da vida cotiá e do relato escrito polo seu pai narrando a súa vida desde a orixe como exiliado grego en Turquía, pasando pola ocupación alemá durante a 2ª guerra mundial, o seu paso pola prisión, a perda do seu posto de traballo como mestre até a súa milagrosa salvación. A lectura da obra de Kallifatides ( Otra vida por vivir, Lo pasado no es un sueño, El asedio de Troya , etc.) fainos reflexionar sobre os valores universais utilizando como materia prima o legado da civilización grega.

CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO

Imaxe
Arrincamos , un curso máis, co club de lectura do profesorado. Agora, coa incorporación de seiva nova, compañeiros e compañeiras aos que lles damos a benvida e cos que nos encanta compartir os praceres da literatura. Comezamos, na nosa primeira reunión, partillando opinións e sensacións sobre a novela Me Quedo aquí, do escritor italiano Marco Balzano, para continuar, saltando no espazo e no tempo, mergullándonos no Carrusel da escritora galega Berta Dávila, que comentaremos na seguinte sesión.   A novela de Balzano conmoveunos, lembrounos o noso pasado e permitiunos gozar da forza e sinxeleza dunhas personaxes femininas asombrosas. Deixamos agora algunhas propostas para continuarmos o noso percorrido literario nos vindeiros meses:

Iniciamos o club do profesorado. Del color de la leche. Nell Leyshon

Imaxe
  Del color de la leche , de Nell Leyshon , é unha novela curta que concentra a súa narración nun pequeno universo, unha   comunidade rural da Inglaterra de 1831, e nunha protagonista cuxa existencia cambia radicalmente cando aprende a escribir. A autora achéganos a unha historia conmovedora, contada en primeira persoa coa linguaxe rudimentaria dunha rapaza que está aprendendo a ler e escribir. Sorprende a naturalidade e a honestidade coa que a súa protagonista, unha campesina de quince anos, se enfronta á brutalidade que a rodea.

Instrucións para tomar café e Laura no deserto - Clube do profesorado

Imaxe
Instrucións para tomar café O pasado decembro convocamos o clube de profes, que iniciou a súa andaina cun ameno libro de Manuel Núñez Singala : Instrucións para tomar café (Galaxia, 2014) . Trátase dunha serie de reflexións, que no seu conxunto poderiamos subtitular coma “Usos e costumes dos galegos”. Cunha grande agudeza e humor galaico, o autor, bo coñecedor do noso comportamento en sociedade (cando nos invitan, cando falamos do tempo, cando nos falan das marabillas do noso país, etc.), reflicte, por medio de agudos diálogos, situacións coas que nos sentiremos identificados. Laura no deserto Prosiguen as reunións do clube de profes, esta vez cunha novela de Antón Riveiro Coello : Laura no deserto (Galaxia, 2011).  Nesta ocasión, eliximos unha obra complexa con distintas perspectivas; espazos tan diferentes como Barcelona, New York, un campo de concentración nazi ou o Caramiñal; personaxes que coinciden en momentos intensos da n...