Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro 29, 2014

NELA leva a BENITO PÉREZ GALDÓS até a novela gráfica

Imaxe
Nela . Unha adaptación gráfica da novela MARIANELA de Benito Pérez Galdós que mostra unha visión crítica sobre a España rural que hoxe en día está tan vixente coma antes. “Nela” narra unha tenra e triste historia de amor entre Pablo e Nela, unha historia que nos fará reflexionar sobre moitos temas de actualidade: un rapaz cego e acaudalado que converte a NELA nos seus ollos e no obxecto do seu amor aínda que ela non é especialmente agraciada..... Como rematará??? contaránolo os nosos lectores de 4º ESO neste blog....

A NOSA PRIMEIRA REUNIÓN

Imaxe
No recreo do venres 24 de outubro, tivemos a primeira sesión de presentación do CLUBE DE LECTURA de 1º de ESO , de 2º ESO e de 4º ESO e  ben puntuais  todos e todas acudimos para presentar as primeiras lecturas, comprometernos a asistir, repartir os libros cos que contabamos e pactar os horarios e as condicións máis cómodas para participar activamente. Xa temos 34 alumnos interesados en participar e temos alumnos de case todos os cursos: contamos con 10 alumnos en 1º ESO, con 4 alumnos en 2º ESO e con 20 alumnos en 4º ESO e con algún de 1º Bacharelato. As obras que decidimos ler son as seguintes: Aprendiz de detective; Un robo muy costoso (Cucaña) de William Irish, Rubén Pellejero (Ilustrador) para o grupo de 1º ESO. Rebeldes . Susan E. Hinton para o grupo de 2º ESO. O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro para o grupo de 3º ESO. A banda deseñada Nela de Pulido, Rayco para o grupo de 4º ESO. ANÍMATE E PARTICIPA BOAS LECTURAS A TODOS!!!!