Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta CLUB 2º ESO

Reunión do club de 2º de ESO

Imaxe
Reunión do club de 2º de ESO arredor do Bestiario científico , de Anxos Nogueirosa.

CRÉASE O CLUB DE BANDA DESEÑADA DE 2º DE ESO

Imaxe
Os alumnos de 2º ESO A e D xa contan cun club de banda deseñada.   A súa andaina comezará á volta do entroido, cunha sesión inicial de intercambio de expectativas, na que se fará reparto dos exemplares para a súa lectura e se fixará unha segunda data de reencontro e debate sobre a obra. Procuraremos focalizar ese debate nas especiais características da linguaxe do cómic, resaltando a importancia da imaxe na transmisión das emocións. Pretendemos, así mesmo, acompañar a actividade cunha charla sobre o mundo da banda deseñada, facendo un percorrido por obras e autores e afondando nas características do xénero. A obra coa que inicialmente imos traballar é a adaptación feita por Antonio Seijas da novela de Agustín Fernández Paz Cartas de inverno. A escolla vén motivada por dous feitos: _ moitos dos membros do club leron a novela e quedaron un pouco desencantados co remate, pois o suspense e a intriga mantéñense ata a fin e non conseguen porlle cara, aspecto  ou f...

REBELDES, Susan E. Hinton

Imaxe
O mércores 3 de decembro os alumnos de 2º ESO tiveron o seu primeiro encontro con Cristina para falar das súas impresións sobre a obra do primeiro trimestre, Rebeldes de Susan E. Hinton.  Ademais de que todos leron a obra, destacamos que a maioría se identificaron con algunhas das situacións descritas na narración, aínda que con salvedades, xa que o contexto no que se desenvolve, contexto de marxinación e violencia entre adolescentes nunha grande cidade, é moi diferente ao noso. En xeral, pareceulles entretida e coinciden en que lles gustaría ver a adaptación fílmica da obra.  

A NOSA PRIMEIRA REUNIÓN

Imaxe
No recreo do venres 24 de outubro, tivemos a primeira sesión de presentación do CLUBE DE LECTURA de 1º de ESO , de 2º ESO e de 4º ESO e  ben puntuais  todos e todas acudimos para presentar as primeiras lecturas, comprometernos a asistir, repartir os libros cos que contabamos e pactar os horarios e as condicións máis cómodas para participar activamente. Xa temos 34 alumnos interesados en participar e temos alumnos de case todos os cursos: contamos con 10 alumnos en 1º ESO, con 4 alumnos en 2º ESO e con 20 alumnos en 4º ESO e con algún de 1º Bacharelato. As obras que decidimos ler son as seguintes: Aprendiz de detective; Un robo muy costoso (Cucaña) de William Irish, Rubén Pellejero (Ilustrador) para o grupo de 1º ESO. Rebeldes . Susan E. Hinton para o grupo de 2º ESO. O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro para o grupo de 3º ESO. A banda deseñada Nela de Pulido, Rayco para o grupo de 4º ESO. ANÍMATE E PARTICIPA BOAS LECTURAS A TODOS!!!! ...