Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril 17, 2016

A LECTURA DE A NEVE INTERMINABLE

Imaxe
O martes 8 de marzo en sesión “xantar + sobremesa” os membros do club de lectura de 3º ESO reunímonos  para partillar impresións sobre a lectura de A neve interminable .  Falamos sobre a xénese da obra , que ten moito que ver co acontecido na  noite máis produtiva da literatura universal de terror, hai case douscentos anos, no mes de xuño de 1816, na casa suíza de Lord Byron e John Polidori, que tiñan como convidados a Mary Shelley e Percy B. Shelley. Sabedes por que? Pois porque a finais do 1815 entrou en erupción un volcán en Indonesia e a explosión foi de tal magnitude que ao cabo duns cantos meses Europa quedou cuberta polas cinzas, sumida na escaseza de luz e nun frío moi intenso (seica en Hungría nevou vermello debido ás partículas dun mineral que ficaron suspendidas no aire!). Ese ano deu en chamarse o “Ano sen verán” e foi nunha das súas noites escuras e frías na que os escritores antes citados propuxeron o reto de escribiren relatos de terror para combater o aburriment